"A Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia,
impulsada pola Xunta, está nomeada ao premio internacional Astrid
LindGren memorial Award 2022, un dos recoñecementos máis valorados no
mundo do libro infantil e xuvenil. O gañador do galardón, outorgado polo
Goberno sueco, coñecerase en maio de 2022 no marco da Feira do Libro
Infantil en Bolonia.
A candidatura galega atópase entre os 282 proxectos de 71 países que tamén optan a este galardón, e é o único proxecto institucional nomeado en representación de España.
O resto dos candidatos españois son autores a título individual como é o caso da tamén galega escritora, contacontos e actriz Paula Carballeira, as ilustradoras Jacqueline Molnár e Elena Odriozola e o autor Jordi Sierra i Fabra". LER MÁIS AQUÍ +
E para entrar na páxina da asociación (está en sueco e inglés) premede na imaxe de abaixo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario