Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

4 may 2022

Me acompañas? Un libro de 6ºB de Infantil


Seguindo as actividades propostas para a  celebración do Día do libro, os alumnos de 6ºB Infantil crearon e debuxaron este conto relacionado coa historia de Paul Klee.  Premer na imaxe para ler o conto.

 Ademáis fixeron este video para "presentar o libro" nunha roda de prensa e con sinatura dos exemplares!. Despois cada neno levou un exemplar do conto asinado polos seus compañeiros. Todo un traballo en equipo.

 


9 may 2021

As pinturas rupestres: as "Bibliotecas da Prehistoria"

"En 4º D continuamos coa nosa liña de fusionar as materias coa plástica coa fin de facer máis amenos os temas e que desenvolvan a súa capacidade artística e creativa. Non podía ser menos co  tema da Prehistoria onde tratamos as fontes gráficas como as das Covas de Altamira e as súas pinturas rupestres". Estas eran as verdadeiras Bibliotecas da prehistoria, utilizando a plástica igual que facemos nós como outro xeito de comunicarse e de informar do que tiñan no seu entorno: os animais que vían, os mellores sitios de caza e deixando esa información para as futuras xeracións . "Animais tan imponentes e lexendarios como o mamut ou o bisonte non pasaron desapercibidos por suposto nin a súa maneira de facer arte e ferramentas con poucos recursos. Un tema máis do que quedaron prendados".

 


25 abr 2021

O DÍA DA TERRA


   Proseguindo coa liña de creación de poemas, narracións xunto coa educación artística para unha base sólida de aprendizaxe de valores dunha forma divertida, en 4º D tocounos esta semana traballar o medio ambiente e a importancia do coidado do noso planeta. Levamos traballando este tema dende que comezou o curso porque consideramos que preservar a nosa contorna e intentar paliar asuntos tan graves e vixentes como o cambio climático, contaminación e quentamento global non hai que traballalos un día, senón telos presentes tódolos días como ben din eles.

Así que…aquí tedes o noso novo traballo no que de novo plasmaron o que lles gusta facer poesía e expresar as súas ideas coas creación máis orixinais, creativas e coloridas.

Esperemos vos guste!

 
 

8 mar 2020

A mirada e o corazón de Rosalía

  Para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA os nenos e nenas de 5ºA de infantil fixeron un cadro quebracabezas xigante a partir da obra doutra muller, a artista viguesa Abi Castillo, que destaca polas cores e o simbolismo empregado. O cadro está na entrada de infantil e no blog da clase contan como o fixeron se premedes AQUÍ.

 
  Fixáronse sobre todo na mirada e o corazón de Rosalía, que medrou no entorno de Bertamiráns, na aldea de Ortoño, vendo regatos pequenos, fontes, rios, arboredas, paxariños piadores, pinares que move o vento... Os mismos que podemos ver hoxendía só con darnos unha volta. Viron tamén o libro "Rosalía" de Helena Villar Janeiro.


23 nov 2019

A lectura de imaxes: Bicentenario do Museo do Prado

 
 Hoxe imos compartir con vos outro xeito de lectura: a lectura de imaxes. A pintura, desde que o ser humano existe, ten intención comunicativa, desde a arte rupestre das covas ata as imaxes en movemento do cine...  Os cadros eran un xeito de informar, disfrutar, comunicar e educar a un pobo que na súa maioría non sabía ler.

 Fai 200 anos o 19 de novembro de 1819  o Museo Nacional do Prado, abriu ao público  con 311 pinturas da Colección Real, todas de autores españois, colgadas nos seus muros. Estas eran obras realizadas en principio para que as disfrutasen en privado só os reis e nobles da corte e que así coa creación deste  Museo se compartiron co pobo.

 Este é un video  producido por El País Semanal no que para conmemorar o Bicentenario do Museo do Prado, Rino Stefano Tagliafierro e os seus colaboradores realizaron un relato animando unha trintena de cadros da pinacoteca. Fixádevos nos pequenos detalles que dan vida ás obras...


18 abr 2019

Unha porta, un conto!

  O Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo para conmemorar o  Día do libro que se celebra o 23 de abril, que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas.
  En esta montaxe podedes ver xa como quedaron as portas de infantil. (en breve subiremos as de primaria)


 

9 jun 2017

As galiñas azules de 5ºA de infantil

   Os alumnos de 5º A de infantil tamén se achegaron á historia da galiña azul de Carlos Casares e fixeron estas cos seus ovos de cores: de tódalas razas e tamaños...


17 may 2017

Letras Galegas 2017. Carlos Casares: caricaturas de 6º

    Os alumnos e alumnas de 6º do ceip A Maía achegaronse á figura de Carlos Casares, o escritor a quen se lle adica este ano 2017 o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Fixérono con algún dos seus libros e tamén a través de estas caricaturas.


premer AQUÍ para ver as caricaturas

25 oct 2016

Lugares literarios no día das Bibliotecas


  O pasado 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Para conmemoralo o Equipo da Biblioteca propuxo que cada clase pensase LUGARES LITERARIOS: sitios onde pasan os contos, as historias e aventuras que máis nos gustan. Despois tiñan que FACER SINAIS co destino escollido para colocalo nun POSTE INDICADOR. Tanto eles coma os maiores de primaria fixeron unha busca de sitios literarios e este foi o resultado. Grazas a todos por colaborar!

 Estos son os sinais realizados en primaria.

 
 


 
 
 Estos son os realizados en infantil.


    Nos blogs de infantil podedes ver máis información sobre a implicación dos pequenos nesta actividade:   
Unha presada de ollomaos de 6ºA cóntanos como viaxaron "moi, moi lonxe".
A clase de Chanclas de 5ºA   a súa aventura "no bosque do lobo e os porquiños".
E a clase de 6ºC dinos como traballaron coas letras para facer o sinal da "granxa"





  Agora só queda seguir os sinais ata estos DESTINOS LITERARIOS!




6 mar 2016

Día da muller traballadora: 8 de marzo

    Un dos primeiros traballos fora da casa que se lle permiteu ás mulleres foi o de mestra, e está aquí reflectido no cadro da pintora galega  Xulia Minguillón "A escola de Doloriñas"

    Moitos artistas galegos, homes e mulleres,  puxeron nos seus lenzos os traballos que realizaban as mulleres, sobre todo no campo e no mar. Aquí neste video póñovos unha moi pequena mostra. Non están todos e todas as que son, pero si son todos os que están:
 
premer AQUÍ
  Na literatura infantil e xuvenil tamén temos moitos libros que nos fan ver outras perspectivas  do traballo femenino. Neste pinterest que fixo a profesora Asun García  podemos ver a mostra que recopilou. Premede na imaxe para acceder.
premer AQUÍ
   E neste outro pinterest que recopilei, podedes ver unha serie de mulleres, algunhas moi coñecidas e outras non tanto, que dedicaron a súa vida á Ciencia en todas as súas ramas: astronomía, física, bioloxía, botánica, matemática, medicina...
 
premer AQUÍ para ver quen son estas mulleres

   Para saber máis cousas das mulleres galegas podedes curiosear neste enlace co Consello da Cultura galega. O Álbum de mulleres é un proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Esta elabora vías e medidas que desde un enfoque de xénero permiten pór en valor e dar visibilidade ás contribucións das mulleres en todos os ámbitos de relacións sociais.


 

25 ene 2015

ARTE XEOMÉTRICA

   Este traballo que relaciona Arte e  Xeometría   foi realizado ao longo do primeiro trimestre a proposta do Equipo de Dinamización da Biblioteca. Como motivación puxemos nas fiestras unha serie de láminas co fixon obras sacadas dos libros que colocamos nos expositores da Biblioteca.  Os rapaces tiñan que facer as súas propias composicións e colgalas nos corredores do colexio. Empregaron distintas técnicas e materiais: dibuxos, collages, pinturas, papel, pedras, lás, paus, cunchas, botós, madeira, area do patio, area de lúa!, elementos naturais e outros de uso cotiá...
      Ademáis os alumnos de 6º de primaria empregaron as súas obras para facer unha postal dixital no Nadal (clicar aquí para vela). E os maiores de infantil escolleuron traballar cos mandalas (clicar aquí) e o land art, con intervencións colaborativas no patio e nos xardíns do colexio e ademáis coñeceron o concepto de "arte efímero" xa que as súas composicións desapareceron coa chuvia e  "os elementos....". No kizoa vese ademáis como os alumnos dunha clase interveñen sobre as obras realizadas polos seus compañeiros...

    O resultado, tanto en infantil como en primaria, está reflexado aquí neste kizoa e no video.

composicións de infantil

                                                         composicións de primaria