22 dic 2012

Lecturas Nadal 2012

     Esta é a guía que elaboramos desde o equipo de Dinamización da Biblioteca coas lecturas recomendadas para  o Nadal 2012. A ver si este ano, a pesar da crise, do paro e dos recortes, entre pais, avós, Papá Noel, os reis Magos e o Apalpador,  nos cae a todos algún libro. Que de ilusións tamén se vive... 
      E para estos días, que  moitos andaban a voltas co do fin do mundo ...  xa vedes que seguimos aquí, porque como dí Leodoro: "non se podía acabar o mundo, que me falta moito por ler!"


BO NADAL E BOS LIBROS!!!



----------------------------------------------------------------------------------------

A mesma guía elaborámola nun tríptico para que a levasen os nenos o derradeiro día de clase. 



2 dic 2012

LECTURAS DE MEDO



     Durante algunhas semanas do mes de novembro, nos recreos, algúns rapaces e rapazas de diversos cursos realizaron lecturas na biblioteca para os demáis. Os alumnos e alumnas de 1º e 2º ciclo acudiron a escoitar algunhas "Adiviñas monstruosas" de Gloria Sánchez; quen as acertaba recibía un pequeno agasallo.

     Os  maiores leron parágrafos escollidos previamente, de diversas novelas de terror: O conto "Non hai escapatoria" da obra "Non hai escapatoria e outros contos maravillosos" de Tim Bowlie, algúns contos da colección de Baia edicións "O baúl dos monstros", son algúns exemplos. A biblioteca estivo moi ben decorada para a ocasión, así que pasámolo de MEDO! (Nunca mellor dito).
  E aquí veredes como o pasamos!

20 nov 2012

LIBROS CENSURADOS E PROHIBIDOS

       A semana pasada conteivos a historia Malala, a nena pakistaní , tiroteada polos talibáns polo delito de escribir un blogue no que pide o dereito a educación para as nenas.
       Que unha nena sexa obxectivo a eliminar, indica o medo que lle teñen os intolerantes aos que teñen a capacidade de pensar por si mesmos e expresar as súas ideas.
       As ideas poden ser moi perigosas para algúns e sobre todo se están impresas nos libros. Ao longo da historia, temos exemplos de censuras e prohibicións. Podería parecer que a literatura infantil e xuvenil estaría fora das listas dos intolerantes e censores... pois non!
    
     Un día buscando material para os máis pequeniños atopei "LA LINEA", un "sinxelo"  contiño sobre as posibilidades tanto gráficas como motoras dunha simple liña. Entereime tamén de que ese libro fora considerado perigoso e subersivo pola dictadura arxentina ... e deume por buscar algo máis.

       











    
Esta é unha pequena escolla de libros que en algún momento foron incluidos en esas listas negras e os motivos que argumentaron os intolerantes. Sorprende ver os libros incluidos e aínda máis os motivos!





 E AGORA  VEREDES PORQUÉ A LIÑA É UN LIBRO SUBERSIVO  E PERIGOSO!!!




5 nov 2012

MALALA: UNHA HISTORIA DE MEDO E VALOR.

     Estamos no Samaín, no tempo dos medos, e esta que vos vou contar  é unha historia de medo: o medo que algunha xente lle ten a deixar que outros pensen pola súa conta,  o medo á cultura... o medo á liberdade. 
        Tamén é unha historia de valor, a historia de Malala Yusafzai ( ملاله یوسفزۍ) unha nena pakistaní de 14 anos que se atreveu a escribir un blogue contando a vida  no seu pobo,  onde os talibáns lle teñen prohibido ás nenas ir a escola....

        En octubre, cando voltaba da escola para casa con unhas amigas, Malala foi tiroteada por un talibán ... precisamente na cabeza, o instrumento que ela usa para loitar polo seu dereito a pensar e polo dereito a educación das nenas. A pesar das tremendas feridas, Malala non morreu e estase a recuperar lentamente nun hospital inglés, aínda que terá que ser operada moitas veces.
          
         Esperemos que a loita de Malala, o seu valor e coraxe, nos faga máis concientes da sorte que temos de nacer onde nacemos e  das oportunidades das que disfrutamos, xa que calquera de nós podía ser Malala. E por eso mismo temos a obriga de apoiar e axudar aos demais a alcanzar os plenos dereitos como persoas.
                                                   
                                                       PENSAR  NON  É  UN  DELITO !
                                           TER  DEREITO  A  APRENDER  TAMPOUCO!



 escolas de nenas con todo o material de que dispoñen...

Un pobo que non pode aprender a pensar será un pobo sometido. 
   Un libro pode ser unha arma moi poderosa: unha arma contra a ignorancia e a escravitude. 
       Por eso temos que encher as nosas cabezas de armas contra a ignorancia...
          Os ignorantes e intransixentes ténenlle tanto medo a unha nena de 14 anos que lle pegaron un tiro! 
                Si Malala pode, todos podemos!



unha escola de nenas
bombardeada polos talibáns
 
Malala cando foi tiroteada



31 oct 2012

O SAMAÍN E O MEDO

      Agora que estamos no tempo do Samaín (que outros chaman Halloween), e todos andamos á procura de historias de medo e poñendo cabazas medoñentas, arañas arrepiantes, esqueletes bailaríns e tremendas pantasmas... queremos compartir con vos unha curta de animación que fixeron desde política lingüística coa técnica do stop motion, sobre os medos que nos aterrorizan de pequenos e como os podemos controlar.
    Chámase "FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS", e está basada no  libro de Fina Casalderrey e Teresa Lima de OQO EDITORA. 





E esta é unha presentación sobre o Samaín feita polo Ceip mestre goldar coa música de Mamá Cabra.





      Aquí vos poño un anaco da impresionante película de Tim Burton  "Pesadelo antes de Nadal": "Esto es Halloween!". Preciosa película, bonita música e  incrible técnica de animación na que vemos que incluso os monstros teñen o seu corazonciño!

Disfrutade dun  ratiño de medo!. E lembrade que os celtas, dos que procede esta antiga tradición das cabazas, o que poñían nas portas das casas eran os cranios dos seus inimigos!!!

25 oct 2012

Agustín Fernández Paz e GALIX

    O pasado xoves en Vigo, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil GÁLIX  nomeou a Agustín Fernández Paz, Socio de Honra nun  emotivo acto no que se lle amosou un grande aprecio ao escritor por parte dos presentes e outros socios e socias de Gálix.
   
     Destacar a  Laudatio  escrita por Paz Raña Lama ,orientadora escolar, amiga e compañeira do autor durante moitos anos no ensino público,  así como a presentación do blog creado para o personaxe protagonista do conto inédito co que Agustín Fernández Paz agasallou a todos e todas as presentes (http://abrirasportas.blogaliza.org ).


     Os membros de Galix, dín que irán poñendo no seu blog http://www.oblogdegalix.blogspot.com.es/),  máis información  sobre todo o acontecido ese día para que perdure na memoria .

 Cito aquí algunhas das frases da laudatio escrita por Paz Raña:

  •  "Hai 10.950 días que te coñezo, os mesmos que tarda a Terra en describir 30 órbitas nun camiño elíptico rodeando o Sol...

  •  ... ese primeiro encontro foi no escenario do nacemento doutro movemento transformador, chamado de Renovación Pedagóxica. Rotunda e enérxica indignación de mozas e mozos que soñaban cambiar o mundo dende a escola, con armas tan subversivas coma o xiz, imprimindo constelacións na pizarra, os cadernos de notas sempre emborranchados, a imaxinación, ou as ideas solidarias..."  

  • "Foi un fogonazo de luz, un momento afortunado, una punción implacable e sagaz nos albores da democracia. O ensino pasou a ser algo importante, dun xeito diferente, novo e colectivo".

 Póñovos tamén aquí a frase de Agustín que abre o seu portal  na Biblioteca Virtual Cervantes:

 "Entrar nos libros é deixarse arrastrar por un bulebule de voces, de linguas, de cheiros, de paisaxes. Polas súas páxinas corren ríos de palabras que se nos ofrecen con xenerosidade para axudarnos a aprender o oficio de vivir, para cambiarnos a vida e implicarnos na transformación do mundo".A.F.P.

Así que ánimo e entrade nalgún dos libros de Agustín!



12 oct 2012

PREMIO NACIONAL Á EDITORIAL KALANDRAKA

     

     Queremos  desde o noso blog felicitar á  Editorial Kalandraka , que acaba de gañar o  Premio Nacional a Mellor Labor Editorial Cultural no ano 2012 "polo seu compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a dedicación a xéneros máis complexos como a poesía".

      Na biblioteca temos moitos libros dispoñibles de esta editorial : picade aquí para consultar a lista .
      Nas pequenas bibliotecas de aula tamén temos moitos libros que, tanto polo seu contido, como pola calidade da ilustración, son os favoritos dos máis pequenos. Nesta captura de imaxe vedes algúns deles. 





5 oct 2012

A ÁRBORE DOS LIBROS LEIDOS

       Como actividade de inicio para este curso quixemos lembrar as nosas lecturas favoritas do verán. Así que  propuxemoslles aos nenos e nenas que, sobre a plantilla dunha folla decorada como máis lles gustase, escribisen xunto co seu nome e o autor, o título do libro que máis lles gustou no verán.
          
    A colaboración dos nenos  e nenas  foi todo un exito e as follas fóronse colgando na árbore que está na entrada do colexio, facendo aparecer ademáis todas as cores do outono...


Aquí vai unha pequena mostra dos centos de follas que nos están chegando á Biblioteca!
 




A ÁRBORE DOS LIBROS LEIDOS -

 Tantas follas chegaron que están a aparecer novas árbores polos corredores do colexio!




6 sept 2012

SAHARA - BUBISHER

clica agora!
        
        Acabamos de recibir unha carta e un diploma de parte da "Asociación de Escritores por el Sahara-Bubisher" que preside Gonzalo Moure (escritor que nos visitou durante o curso 2009-10) na que agradece ao noso cole a participación na campaña de aportación de libros destinados aos campamentos de refuxiados de Tindouf.    Unha bonita noticia para dar comezo a este novo curso. Agradecemos o diploma a nosa pequena colaboracion, pero o verdadeiro traballo realizano os voluntarios que atravesan o deserto para levarlles no seu bibliobus algo mais que libros: ILUSION. 



               
Un bibliobus cargado de libros e ilusions...

        Esperamos que as nenas e nenos dos campamentos disfruten  lendo tanto como todos nós. E desexamos que agora o BUBISHER, o paxaro da boa sorte , segun a tradicion arabe, lles traia eso, boa sorte para os pequenos lectores saharauis.