Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas

31 dic 2020

Relatos de 6º curso para o Certamen de medo

 En 6º de primaria o relato gañador foi  " A CASA DO XARDINEIRO" de Marco Gómez Toimil de 6º C que recibeu un libro de agasallo. Premede na imaxe para ler os relatos escritos por Marco e os seus compañeiros.


 

Relatos de medo dos alumnos de 5º

 En 5º de primaria, o relato gañador foi :"OS HORRORES" de Noa Planas Fernández de 5º A. Recibeu un libro de agasallo.

Premendo na imaxe podedes ler esta historia e as dos seus compañeiros .


 


30 dic 2020

5 relatos de medo dos alumnos de 4º

En 4 º de primaria os gañadores foron:

"O ciclo zombie" relato grupal de 4º B. Recibiron uns libros para a aula.
 "O Samaín terrorífico" de Sabela Míguez González de 4º D. Recibeu un libro de agasallo.

Aquí están todos os relatos seleccionados e os dous agasallados.


 

29 dic 2020

Relatos de medo de 3º

   Contos presentados polos alumnos de 3º para o Certame de relatos de medo do colexio. Podedes ler e ver os debuxos que fixeron premendo AQUÍ ou na imaxe de abaixo. 

O relato gañador: "NUN PALACIO CHEO DE SANGUE"  foi escrito por Paula Freire Buján de 3ºB. Recibeu un libro de agasallo.

 

 

Podedes ler o relato de Paula ampliando a imaxe.


 

6 dic 2020

Traballos de infantil para o Certamen de medo

 O xurado do "Certamen de debuxos  e relatos de medo" seleccionou os traballos de debuxo en modalidade grupal de tódolos alumnos de infantil e agora estanse a expoñer na entrada do edificio. A cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación.

Este foi o resultado dos traballos dos pequenos, están ordenados de 3 a 5 anos: 



4 dic 2020

Resultado do Certame de medo

Reunidos os membros do xurado para seleccionar os relatos gañadores do Certame de relatos de medo. Son os seguintes:

  • Educación infantil _ Modalidade grupal: Debuxo


Seleccionáronse todos, e estanse a expoñer na entrada do edificio de educación infantil, a cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación.

  • Educación Primaria: están expostos na entrada principal do edificio de primaria


  • 1º de educación primaria_ Modalidade grupal

Seleccionáronse os tres presentados (un de cada aula), a cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación.

  • 2º de primaria

Relato gañador: "O vampiro" de Martina Gigirey Rodríguez de 2ºB. Recibirá un libro de agasallo.
Ademais seleccionouse tamén o traballo colectivo "A casa encantada dos vampiros" de 2ºC, que recibirán uns libros para a aula.

  • 3º de primaria

Relato gañador: "Nun palacio cheo de sangue" de Paula Freire Buján de 3ºB. Recibirá un libro de agasallo

  • 4º de primaria:

"O ciclo zombie" relato grupal de 4º B. Recibirán uns libros para a aula
 "O Samaín terrorífico" de Sabela Míguez González de 4º D. Recibirá un libro de agasallo

  • 5º de primaria:

"Os horrores" de Noa Planas Fernández de 5º A. Recibirá un libro de agasallo

  • 6º de primaria:

" A casa do xardineiro" de Marco Gómez Toimil de 6º C. Recibirá un libro de agasallo

18 nov 2020

Certame de relatos e debuxos de medo

  Estamos a punto de rematar co CERTAME DE RELATOS E DEBUXOS DE MEDO convocado polos Equipos da Biblioteca e de Normalización Linguística.  Xa foron chegando desde as titorías e agora farase a lectura previa para despois publicalos no blog e na web do colexio.

Grazas a todos por colaborar!



 

3 nov 2019

Lecturas de medo polo Samaín

  O Equipo de Dinamización da Biblioteca participou na exposición do Samaín con esta escolla de libros de medo que temos no fondo.



E vós, tédeslle medo aos libros?  




 

3 nov 2018

Lecturas de medo polo Samaín

  Durante esta semana temos a exposición coas cabazas do Samaín organizada polo Equipo de Extraescolares e realizadas polos alumnos e alumnas coa axuda das familias. O Equipo da Biblioteca Escolar colaborou na selección de libros relacionados coa temática do Samaín e Hallowen.  

  As cabazas e os libros de medo estiveron na entrada do edificio de infantil e no primeiro andar do de primaria. Podedes  ver as fotos da exposición  na web do colexio  premendo AQUÍ .

 

18 nov 2017

Contacontos de outono

   Os equipos de dinamización de biblioteca e extraescolares colaboraron para facer unhas sesións de contacontos a cargo da profesora Mavi. 

  A biblioteca quixo participar mostrando  libros que fan referencia a esta época do ano: unha escolla de libros de outono, samáin...
    

 Como este ano a exposición das cabazas realizouse na cristaleira do 2º andar, alí foi onde se fixeron estas lecturas, nun ambiente moi axeitado.

                           Sobre todo, os máis pequenos quedaron encantados!


5 nov 2015

Exposición de cabazas do Samaín e composicións de Outono.




    No escenario da Biblioteca e nas entradas dos edificios de Infantil e Primaria temos a EXPOSICIÓN DO SAMAÍN. Desde o Equipo de Actividades complementarias  convocouse a todos os membros da comunidade educativa para que participasen. Os pais, nais, alumnos e alumnas de infantil e de primaria participaron con cabazas do Samaín e productos de Outono. Na web do colexio, premendo aquí, podedes ver as fotos da exposición con todos os traballos. 

Moitas grazas a todos por participar!

6 dic 2014

CABAZAS PREMIADAS NO CONCURSO



     Estas son as cabazas premiadas entre todas as expostas durante o Samaín. As de primaria foron escollidas por votación dos alumnos. A decir verdade a selección non era nada doada pola calidade dos traballos presentados para esta actividade organizada polo equipo de Actividades Extraescolares. Así que aquí están as gañadoras, pero todas eran merecedoras de recoñecemento. 

Podedes ver o resto das cabazas  premendo AQUÍ. 

Grazas a todos por participar!  

PREMER NA IMAXE PARA VER AS CABAZAS PREMIADAS

1 nov 2014

CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN

 Gifs halloween
  Durante esta semana o colexio encheuse de CABAZAS DECORADAS para participar no CONCURSO organizado polo Equipo de Extraescolares. Na entrada do colexio e polos corredores dos edificios de infantil e primaria tivemos unha exposición dos traballos realizados polos nenos e nenas en colaboración con seus pais. Unha invasión terrorífica con moita imaxinación, na que os rapaces mesturaron a imaxinería propia da tv e o cine, co Halloween e coas tradicións de orixe celta que nos son máis propias. No Samaín celebramos o fin da colleita... e tamén lembramos o costume das tribos guerreiras celtas de cortar as cabezas dos seus enemigos e "decorar" as entradas das casas cos seus cranios.
gifs animados de halloween En estos videos podedes ver as cabazas que estiveron expostas en ambos edificios e esta semana publicaranse as cabazas gañadoras nas distintas categorías.
   premer aquí para ver as cabazas de infantil

premer aquí para ver as cabazas de primaria

5 nov 2013

EXPOSAMAÍN NA MAÍA 2013

   
      Debido a gran participación por parte de todos (pais, nais, alumnos e profes) hoxe teño que poñer aquí  unha nova mostra, moito máis completa, da EXPOSICIÓN DO SAMAÍN. Tedes dúas novas presentacións que incluen as novedades que siguen a chegar das casas e tamén as que se van facendo nas clases sobre o CASTAÑON do Magosto. De estas actividades, suxeridas polo equipo de Dinamización Extraescolar, aínda engadiremos máis fotos nos próximos días... (na entrada anterior tedes máis fotos para buscar o voso traballo)
    

 Gracias a todos pola colaboración: participando gañamos todos!  

(clica nos títulos para velos desde o principio)

 


3 nov 2013

EXPOSICIÓN DO SAMAÍN

     
        Neste curso fíxose unha exposición de cabazas   do Samaín, monecos de millo, xoiería  de castañas e todo o que dira de sí a imaxinación e os materiais da tempada. A proposta parteu do equipo de dinamización de extraescolares.
     
     Por unha banda, nas clases elaboráronse máscaras con froitos e follas de cara ao magosto e, por outra banda, tamén se lles pediu aos pais e nais que colaborasen cos seus fillos no concurso e, coma cada ano, o resultado é impresionante.
        Nas entradas dos edificios de infantil e primaria están os resultados do esforzo realizado desde as clases e desde as familias e nestas presentacións veredes unha mostra dos traballos. 
    Vendo as dúas exposicións non temos máis que repetir as gracias pola  colaboración,  alta participación, imaxinación e orixinalidade!


   Nesta presentación están incluidos os traballos de aula referentes a productos de outono e ao Magosto  e tamén os traballos feitos nas casa coa colaboración familiar.


2 dic 2012

LECTURAS DE MEDO



     Durante algunhas semanas do mes de novembro, nos recreos, algúns rapaces e rapazas de diversos cursos realizaron lecturas na biblioteca para os demáis. Os alumnos e alumnas de 1º e 2º ciclo acudiron a escoitar algunhas "Adiviñas monstruosas" de Gloria Sánchez; quen as acertaba recibía un pequeno agasallo.

     Os  maiores leron parágrafos escollidos previamente, de diversas novelas de terror: O conto "Non hai escapatoria" da obra "Non hai escapatoria e outros contos maravillosos" de Tim Bowlie, algúns contos da colección de Baia edicións "O baúl dos monstros", son algúns exemplos. A biblioteca estivo moi ben decorada para a ocasión, así que pasámolo de MEDO! (Nunca mellor dito).
  E aquí veredes como o pasamos!

31 oct 2012

O SAMAÍN E O MEDO

      Agora que estamos no tempo do Samaín (que outros chaman Halloween), e todos andamos á procura de historias de medo e poñendo cabazas medoñentas, arañas arrepiantes, esqueletes bailaríns e tremendas pantasmas... queremos compartir con vos unha curta de animación que fixeron desde política lingüística coa técnica do stop motion, sobre os medos que nos aterrorizan de pequenos e como os podemos controlar.
    Chámase "FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS", e está basada no  libro de Fina Casalderrey e Teresa Lima de OQO EDITORA. 





E esta é unha presentación sobre o Samaín feita polo Ceip mestre goldar coa música de Mamá Cabra.





      Aquí vos poño un anaco da impresionante película de Tim Burton  "Pesadelo antes de Nadal": "Esto es Halloween!". Preciosa película, bonita música e  incrible técnica de animación na que vemos que incluso os monstros teñen o seu corazonciño!

Disfrutade dun  ratiño de medo!. E lembrade que os celtas, dos que procede esta antiga tradición das cabazas, o que poñían nas portas das casas eran os cranios dos seus inimigos!!!