29 may 2013

O MERCADILLO SOLIDARIO

     Este foi o proceso seguido na realización do mercadillo solidario que fixemos no colexio con motivo do Día do libro. Repetimos o  agradecemento a todos aqueles que participaron, tanto na montaxe como aportando o material escolar.


12 may 2013

MERCADILLO SOLIDARIO

  


     En esta ocasión a noticia fomos nós, xa que O correo galego na  sección de Terras de Santiago  sacou o noso mercadillo solidario tanto en papel como na edición dixital. Unha idea solidaria compartida por moitas Bibliotecas do Plambe. 
     Como xa vos dixeramos en estas mesmas páxinas o mercadillo   foi un éxito tanto de participación como de aportación de material escolar, que xa foi entregado a Cáritas Bertamiráns.
     Repetimos as gracias a todos os que colaboraron e esperamos que o material conseguido sirva de apoio ás familias que o necesitan.  Tamén esperamos que os nenos disfruten cos libros que "mercaron". 

9 may 2013

FRANCESCO TONUCCI EN SANTIAGO

   
     O martes, case 400 mestres estivemos na Cidade da Cultura escoitando a  FRANCESCO TONUCCI, mestre, pedagogo e un dos máis importantes investigadores sobre a educación. 
     Subimos hasta o Gaiás a pesar do vendaval que zoaba con forza, xa que esperabamos oir de novo as propostas de Tonucci e da súa outra personalidade, o debuxante FRATO. Ideas e propostas que nos parecen sempre fantásticas e que aínda a estas alturas a moitos lles poden parecer utópicas.... Certamente son útópicas, porque non só implican un cambio na escola senón na sociedade, pero as ideas de Tonucci, expresadas ao seu xeito suave son, con todo, fortes coma o vento que zoaba fora e calan igual que a choiva que nos acompañou toda a tarde...
   
      
     Ao longo da charla falou dunha escola desexada por todos, unha escola de todos e para todos, sen exclusións, que non alimente as diferencias, unha escola que prepare aos nenos para a vida, pero non dun xeito competitivo senon para que sexan felices no que son máis competentes. Unha escola que faga nenos que disfruten coa lectura e non nenos que só dominen a mecánica da lectura.  Falou do xeito en que se traballa nas escolas e do cambio que precisan, da importancia do xogo para desenvolver a personalidade dos pequenos e da necesidade de adaptar as escolas ( incluso comos espazos físicos...) tendo en conta ritmos, habilidades, necesidades e intereses...

    Tamén nos recordou o poema " as cen linguaxes do neno" de Loris Malagucci e finalmente citou a Plutarco que xa decía: os alumnos non son vasos baleiros "que temos que encher" senón "unha chama que hai que prender".

      
 


     Falou das dificultades coas que se atopa a escola e os mestres, das sucesivas Leis de educación, do uso competitivo e productor de "efectivos útiles para o mercado laboral" no que se pretende convertir á escola ... e a pesar de todo, despois de escoitar a Tonucci,  finalmente veume á cabeza unha frase que se dí moito nestes momentos de crise:   SÍ SE PODE ! 

      


      Só para ir reflexionando sobre elas, cito aquí algunhas  das frases de Tonucci acompañadas de uns cuantos dos seus debuxos como Frato que fun lembrando despois de escoitalo.


 


4 may 2013

MERCADILLO DOS LIBROS SOLIDARIOS NA MAÍA

    

          Estos días no Colexio fixemos o mercadillo de libros solidarios e os nenos puderon "mercar" os contos da "feira de libros" a cambio do material escolar aportado polas familias. A participación foi fantástica e o material recaudado será para Caritas Bertamiráns.  


Para ver as fotos da participación na nosa particular feira do libro, clicade en cada un de estos smilebox, e abriranse nunha nova ventana .

A VISITA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMARIA:


primeiros grupos:                                        

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own digital slideshow

 seguintes grupos de primaria



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow made with Smilebox


Os pequenos de infantil tamén participaron no mercadillo de libros solidarios:

 OS   ALUMNOS  E ALUMNAS  DE  3   ANOS

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow made with Smilebox

E REMATAMOS COA VISITA DOS  ALUMNOS  E  ALUMNAS   DE   4   E    5   ANOS




Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow design customized with Smilebox

30 abr 2013

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ NA FEIRA DO LIBRO EN SANTIAGO 2013

   

       Hoxe estivemos con Agustín Fernández Paz na Feira do Libro, na Alameda de Santiago, facendo cola para que nos asinase algúns exemplares da súa obra. A pesares do frío que facía, (agora dín que só era sensación térmica, pois non ... era FRIO!) Agustín atendeu amablemente a todos cantos alí nos achegamos, pertrechado coa súa bufanda, detrás dunha mesa chea de rotulas de cores para facer as adicatorias e parándose especialmente cos rapaces e rapazas. Do noso cole, lembrou a perfumada e impresionante entrada chea de glicinias (e por eso lle poño aquí unha foto, magoa que non teñamos moitos máis espazos verdes!). Falamos da apropiación literaria pola vía do cariño que os lectores máis novos (cando estaban en infantil e que este curso están en primeiro), lle fixeran ao personaxe do trasno Derdrín, protagonista da obra "No corazón do bosque" e que nós fixemos parente lonxano  de Leodoro... o noso trasniño lector. Moitas gracias pola licencia e pola paciencia!



28 abr 2013

FEIRA DO LIBRO EN SANTIAGO

      Hoxe inaugurouse na Alameda de Santiago a Feira do Libro. O Alcalde de Santiago, a Presidenta dos libreiros e o actor Carlos Blanco presentaron esta nova edición coa actuación da Banda de Música e a participación da Asociación do traxe galego. Carlos Blanco fixo un  monólogo cheo de humor sobre o tópico dos galegos que cando nos preguntan algo... respostamos con outra pregunta, xa que incluso o noso Himno se inicia deste xeito  "que dín os rumorosos...?".
     Logo púxose máis serio e fixo unha encendida defensa da cultura e os libros e rematou cunha emotiva lembranza de Roberto Vidal Bolaño a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas.


     Entre os actos previstos, hai obradoiros, contacontos para os máis pequenos, teatro, narracións, recitais,  presentacións de libros  e varias charlas entre autores editores e lectores. E o luns 29 ás 7 da tarde o noso querido Agustín Fernández Paz asinará exemplares dos seus libros
    
     Coma sempre, recoméndovos que deades unha volta pola feira, que remexades nos stands e preguntedes,  xa que en cada un deles podedes atopar libros fermosos e cheos de imaxinación... Os máis pequenos poden subir aos escanos que a editorial Kalandraka sempre ten previstos para eles, os afeccionados os libros galegos, os de arte, dixitais, infantís, literatura fantástica, de intriga, os cómics e á banda deseñada teñen tamén os seus espazos ... así que só falta que sigades o lema deste ano :

PASEN  E  LEAN !  




 

"O noso mellor tesouro é ter historias que contar, e xente que queira saber delas. Son o xeito no que , outros antes que nós, se explicaron a sí propios e nos explicaron a todos, a orixe das cousas que importan e algúns dos moitos misterios que se esconden nos profundos do universo mundo."

Roberto Vidal Bolaño
"Touporroutou da lúa e do sol"

22 abr 2013

EN ABRIL LIBROS MIL !

        
     Para conmemorar o Día Internacional do libro (23 de Abril), desde a Biblioteca organizamos un mercadillo solidario de libros usados. Todos os nenos e nenas do colexio terán a oportunidade de adquirir un libro usado do colexio a cambio da doazón de material escolar novo. Concebimos esta actividade como un acto de solidariedade e sensibilización con respecto aos problemas que está a sufrir moita xente debido á crise económica. O material recadado será doado a Cáritas de Bertamiráns.
    Queremos agradecer públicamente aos Centros de Ensino que iniciaron esta experiencia en anos anteriores polo asesoramento e apoio. E, por suposto, a toda a comunidade educativa pola colaboración desinteresada.
     
 

  Como o vindeiro luns 29 de abril remataremos o mercadillo coa asistencia do alumnado de Infantil, a partires de maio publicaremos as fotos sobre o evento.






 








21 abr 2013

INNOVARTE

    A nosa compañeira de Educación Infantil Isabel Abelleira e a súa irmá Angeles  da EI do Milladoiro, cóntannos como foi a recollida en Madrid do premio Francisco Giner de los Rios á mellora da calidade educativa que recibiron polo seu blog  Innovarte 
  Según elas "o seu blog  non é un almacén de recursos e experiencias, senón un discurso sobre a atención á infancia e un alegato sobre a educación de calidade... ler máis +