Na biblioteca contamos desde fai tempo na sección de música con este libro sobre Bob Dylan, o recente Premio Nobel de Literatura. A profesora de música teno empregado e recomendado nas súas clases, así como feito audicións de algunhas obras de Dylan. O título do libro é "Novo para sempre (Forever young). Desde a súa aparición no ano 1974 no
álbum Planet Waves, esta foi unha das cancións máis populares
de Dylan. E conta coas ilustracións de Paul Rogers que fixo "un homenaxe a un himno que manterá a súa mensaxe
nova para sempre" con imaxes inspiradas nas cancións e na vida de Dylan. En palabras do cantante: "escribín Forever Young pensando nun dos meus fillos. As
frases viñéronme soas. Foron escritas nun minuto, e así é como xurdiu a
canción. Realmente non quería escribila (buscaba algo diferente). A
canción escribiuse soa. Algunhas cancións son así.". Bob Dylan.
Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
15 oct 2016
13 oct 2016
Bob Dylan: premio Nobel de Literatura


O cantante americano, ademáis de polo público de varias xeracións, ve así aínda máis recoñecida a súa obra, despois de ter recibido o Pulitzer en 2008 e o Premio Príncipe de Asturias das Artes no ano 2007. Esta vez o efecto secundario cada vez que un escritor recibe un premio deste calibre, non vai achegar aos lectores ata as librerías senón as tendas de música....
Para saber máis do novo premio nobel desde a páxina oficial da Academia premer AQUÍ+
3 oct 2016
Apertura no recreo
Ola amigos e amigas!
Como todos os anos,
escribo esta primeira carta para animarvos a traballar e ler moito neste novo
curso que comeza, e para ofrecervos a miña casa, a biblioteca, para ler e
soñar, facer os deberes, consultar e investigar con todos os libros que temos
aquí. A biblioteca abre
as súas portas, durante os recreos, hoxe, luns 3
de outubro. Lembrade tomar a
merenda antes de entrar, facer un uso correcto dos recursos, tanto se os
utilizades aquí como na casa, son de
todos e todas; e, non esquezades devolvelos no mostrador das profesoras antes
da data sinalada no interior do libro. Cando
queirades levar ou devolver un libro, tede conta de facelo ao chegar e non
deixalo para o final, cando xa hai que recoller, pois é moi probable que entón
a ringleira de nenos e nenas sexa demasiado longa e non vos dea tempo.
Estouvos
esperando. Un
saúdo de Leodoro.
Unha presada de ollomaos
"Aló no norte, na Mariña Lucense, os ollomaos (ou bíteres) traen sorte;
navegando, navegando... baixamos ao sur, ao mar de Arousa. Despois dun
tempo por alí....remontamos ao interior, polos ríos, e agora chegamos ao
Val da Maía!". Así comeza a súa andaina un novo blog no colexio, na aula 2 de infantil, co seu profe Ramón e os nenos e nenas de 5 anos.
Desde a Biblioteca dámoslle a benvida e poremos un enlace no recanto de Enredados.
premer AQUÍ para entrar |
4 sept 2016
19 jul 2016
Adeus Agustín!
Desde a Biblioteca que leva o seu nome queremos despedir a Agustín Fernández Paz, un dos grandes da literatura galega. Fai moitos anos que nolo prestou e sempre nos sentimos agradecidos e orgullosos de levalo, e seguirá sendo así. Marcha o home... pero vive para sempre o escritor en cada páxina dos seus libros e na memoria dos seus lectores. Nós continuaremos sendo, como el decía, un faro que anime á lectura. E sempre teremos presente o noso/teu lema “Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os
muros. Coma un faro, expande ao seu redor ondas de imaxinación e
liberdade.
Grazas mestre polos teus libros!
Reproduzo aquí un texto da Coordinadora Galega dos equipos de Normalización que recolle unha imaxe de Agustín o día da inauguración da nosa Biblioteca.
30 jun 2016
MACA E NATALIA: BOA SORTE COMPAÑEIRAS!:

O equipo de Dinamización da Biblioteca somos coma un quebracabezas, que leva anos encaixándose e modificándose e no que cada un de nós é unha peza que aporta distintas habilidades e capacidades... pezas que cambian, que veñen e van... todas importantes!. Agora, vainos faltar unha peza que vai deixar un oco moi importante. Pero o que nós perdemos van gañalo os seus novos compañeiros nesta andaina que vai emprender. Desde a Biblioteca do Ceip A Maía xa lle queremos poñer o limiar a este novo libro que vai comezar a escribir Maca: "Boa amiga e boa compañeira".
E tirando dos escritos de Alfredo
Conde (Premio Nacional de Narrativa entre moitos máis) atopei una diferencia
entre prólogo e limiar que me encanta. E por eso citando a A. Conde digo que este “é un limiar e non un prólogo, porque un
limiar é un soarego de porta, un pórtico, algo que doa a entrada nese recinto, resoando
según os seus pasos pisan as liñas dun libro, os sucos que elas son e que
resultan arados de novo por ela. Un limiar desvela, abre e alumea, guía polo
labirinto que o segue. Un prólogo é un compromiso protocolario, amical ou
debido, que permite dar idea da importancia do prologuista, unhas veces, do
prologado, case sempre, poisque é quen de recurrir e se abeirar a persoaxe tan
soado. Un limiar é outra cousa”. E nós a Maca dedicámoslle este “boa amiga
e boa compañeira” para o novo libro que emprende na súa vida, non coma un
prólogo de compromiso, senón coma un limiar, unha porta que se lle abre noutro
colexio e no que esperamos e sabemos que tamén fará unha pegada polo menos
tan importante coma a que aquí nos deixa!
Moita sorte Natalia e Maca!. Botarémosvos de menos!
24 jun 2016
Diploma aos alumnos/as colaboradores da Biblioteca
Este é o merecido DIPLOMA que os alumnos/as que colaboraron na Biblioteca recibiron polo seu traballo ao longo do curso, ademáis da saída que fixeron á Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura (ler máis aquí +)
Parabéns e grazas rapaces!
1.-
Alvarenga Gamón; Jeremías E.
2.-
Baliña Abad; Martina
3.-
Caeiro Costoya; Diego
4.-
Canay Fernández; Brais
5.-
Fernández Blanco; Uxía
6.-
Fuentes Fandiño; Francisco
7.-
Lojo Burés; Laura
8.-
Loureiro Esperante; Zeltia
9.-
Mato Gómez; Degnesh María
10.-
Merelles González-Amigo; Paula
11.-
Míguez Blanco; Samuel
12.-
Navarro Ayensa; Ane
13.-
Pérez Agra; Raúl
14.-
Rouco Almuíña; David
15.-
Trigo García; Juan
16.-
Vázquez Fernández; Natalia
17.-
Zaballa Daza; Clara
18.-
Fernández Formoso; Andrea
19.-
Montaña Mata; Laura
20.-
Negreira Patiño; Yéssica
21.-
Neira Mella; Aroa
22.-
Orosa Paz; Fátima
23.-
Pazos Kim; Inés
24.-
Pérez López; Marta
25.-
Rodríguez Lema; Lucía
26.-
Bande Sanjuán; Julia Luisa
27.-
Carballal Pazos; Gabriela
28.-
Casal Veiga; Candela
29.-
Fernández Terán; Laura
30.-
Peña Rodríguez; María
31.-
Quesada Vidal; Inés
32.-
Rodríguez Ramos; Andrea
33.-
Romaní Portáls; Raquel
34.-
Santos Pena; Paula
35.-
Tajuelo Sánchez; Celia
36.-
Villaverde Temes; María
37.- Vizcaya Sanluis; Antía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)