Mostrando entradas con la etiqueta despedida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta despedida. Mostrar todas las entradas

9 jul 2017

Despedindo a compañeiros!

    Rematamos o curso despedindo a varios compañeiros: Paco (titor de 5º de Primaria), Susana (Inglés), Sara (titora de Infantil), Carolina (Coordinadora do Equipo de Orientación) e Laura (música). Para Sara, era o seu primeiro ano na docencia desenvolvendo con profesionalidade o seu traballo, compartido ademáis co colexio de Roxos. Susana impartía inglés correndo entre os dous edificios, Carolina coordenou estos últimos cursos os numerosos casos que precisaban PT ou AL e Laura imparteu música nos derradeiros meses do curso.

 Ademáis Sara, ao longo de todo o curso, e Laura, nos derradeiros meses, foron membros do EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA. Desde o mesmo  queremos desexarlles que sigan traballando cos libros e fomentando a lectura como fixo Sara con actividades como a bata dos contos, as pedras-conto ou as merendas literarias...



     Para Paco remata agora a súa vida profesional e neste video vai unha cariñosa e divertida homenaxe de alumnos e representantes de pais e de profesores a un compañeiro que, desde que chegou ao colexio, nos acompañou sempre con tranquilidade, respeto, moitas TICS... e bo humor: O MESTRE PACO!


      A todos eles lles desexamos moita sorte nos seus novos destinos e a Paco en especial que disfrute nesta nova etapa!.
 
     Moitas grazas por acompañarnos!

19 jul 2016

Adeus Agustín!

   Desde a Biblioteca que leva o seu nome queremos despedir a Agustín  Fernández Paz, un dos grandes da literatura galega. Fai moitos anos que nolo prestou e sempre nos sentimos agradecidos e orgullosos de levalo, e seguirá sendo así. Marcha o home... pero vive para sempre o escritor en cada páxina dos seus libros e na memoria dos seus lectores. Nós continuaremos sendo, como el decía, un faro  que anime á lectura. E sempre teremos presente o noso/teu lema Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os muros. Coma un faro, expande ao seu redor ondas de imaxinación e liberdade. 


 Grazas mestre polos teus libros!

  Reproduzo aquí un texto da Coordinadora Galega dos equipos de Normalización que recolle unha imaxe de Agustín o día da inauguración da nosa Biblioteca.

13 jul 2015

Obradoiros de Cultura urbana e de animais mariños

 Para rematar o curso dun xeito lúdico-festivo, o Equipo de Actividades Extraescolares organizou para os rapaces de primaria tres obradoiros e trouxo os membros do equipo Vella Escola que "é unha entidade especializada na organización e difusión de actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia: breakdance, graffiti, skateboard, rap, beatbox, parkour, turntablism (DJ), street basket, danzas de rúa, bmx,  slackline, capoeira…". No cole fixeron breakdance, graffiti e beatbox.  Para levar a cabo estas actividades que unen a expresión artística e o ocio activo viñeron Dras, Pablo e David:  Abaixo están os videos coas fotos dos talleres.
      
    O resultado do grafiti dos alumnos de 6º foi un impresionante mural co nome do colexio e  con Leodoro nunha esquina.


     O autor e deseñador do proxecto, Dras, que ademáis nos comentou que estudou Belas Artes, veu pola tarde e engadiulle os dous rapaces que leen, xa que para o curso que ven temos pensado convertir esa zona nun BIBLIOPATIO. Os rapaces traballaron moi coordinados por este artista e pasárono moi ben. Parabéns polo traballo!


 O obradoiro  de grafiti dirixido  por Dras 

   
 O obradoiro de    beatbox con David             O de breakdance con Pablo  











 
    O beat box consiste "na habilidade de crear música, sexan ritmos ou melodías, efectos ou letras de forma simultánea soamente cos recursos corporais, principalmente coa boca.."
 
 O  video coas fotos dos obradoiros



    Para os pequenos de infantil trouxoselles un obradoiro para coñecer os animais mariños   co equipo de Arenaria Coordinación  Para ler máis entrade no blog da aula 3 de infantil: AQUÍ



2 jul 2015

Despedida de Lita

    O noso cariñoso "ata pronto" a unha gran directora e mellor persoa, que se xubila este ano despois de toda unha vida dedicada á docencia. Unha muller pequena, como ela misma se defineu na súa despedida, pero grande en tódolos demáis aspectos, tanto profesionais como persoais, e coa que sempre contamos como unha compañeira máis. Grazas Lita!. 
   Agradecerlles tamén a Isabel e Mari Luz o seu eficaz e complicado traballo como membros do Equipo de Dirección saínte e a súa axuda e colaboración. Tamén queremos desexarlles boa sorte as compoñentes do novo Equipo (Isabel, Rosa e María) que comezaron hoxe  esta tarefa.  
    
    
       O agarimo que recibimos ao longo destes anos é o rastro que nos deixas.  Parabéns Lita!
     
   Unha aperta e boa sorte nesta nova etapa!

unha muller con moitas facetas!

27 jun 2014

Revista 2014

 A web do Centro acaba de publicar o nº 26 da revista escolar que os nenos levaron en papel ao rematar o curso. Os números  de anos anteriores podedes consultalos na páxina "revistas" neste mismo blog.

premer aquí para abrir a revista


1 jul 2013

BOAS VACACIÓNS E MOITOS LIBROS!

   
   Rematou o curso e  pechamos a Biblioteca de momento, pero só hasta setembro, cando todos volveremos coas pilas cargadas... e as maletas cheas de libros e ideas. Disfrutade e aproveitade as vacacións. Lede moito e lede ben. E se atopades libros interesantes non dudedes e mandarlle un correo a Leodoro!.

      Tamén quero despedir aquí a un compañeiro do Equipo que nos deixa para irse a outro colexio. Boa sorte Fran!. E boa sorte aos alumnos e alumnas de 6º, que nos deixan para comenzar unha nova etapa no Instituto. Sorte  e libros!