Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
27 jun 2020
17 may 2020
Lois fálanos de Ricardo Carvalho Calero
Seguindo unha das propostas de aula de 4º para o Día das Letras Galegas, Lois enviounos este video falándonos sobre o autor. Gracias Lois!
13 may 2020
Os contos favoritos de 5ºC de Infantil
Os nenos e nenas de 4 anos de 5ºC de Infantil tamén recrearon os seus contos favoritos para o Día do libro. Coas fotos que nos enviaron de esta proposta elaboramos esta montaxe.
12 may 2020
Dioramas de contos de 5ºA de infantil
Unha das propostas que se lle fixeron no mes do libro para os nenos de 4 anos de infantil era a de crear con materiais que tiveran pola casa, un DIORAMA: unha maqueta dun conto que lles gustase aos nenos. Estos son os dioramas de 5º A . Empregaron: caixas, cartóns, telas, playmobiles, pezas de xoguetes,
gominolas..... moitos materiais diferentes e sobre todo moita imaxinación!.
23 abr 2020
O día do libro dos nenos e nenas de 1ºB
Con motivo do DÍA DO LIBRO os nenos e nenas e as familias da clase de 1º B déronlle unha SORPRESA á súa profe Vanessa con este fermoso vídeo onde recrean as portadas dos seus contos favoritos.
21 abr 2020
Contacontos coa profe Estela!
Para conmemorar o DÍA DO LIBRO a profe Estela realizou estos videos para compartir cos máis pequenos, e tamén cos maiores.
Cóntanos dous contos: "Un libro" de Hervé Tullet e "Voy a comedte" de Jean Marc Derouen.
Cóntanos dous contos: "Un libro" de Hervé Tullet e "Voy a comedte" de Jean Marc Derouen.
Conto: "Tí es o meu heroe"
Este conto foi un proxecto da UNESCO do "Grupo de Referencia...en Situacións de Urxencia". Contou
co apoio de expertos mundiais, ademais de pais, cuidadores, profesores e
nenos de 104 países. O
libro foi compartido a través de contos a nenos de varios países
afectados por COVID-19. Despois
revisouse a historia coas aportacións dos nenos e finalmente quedou así.
É un conto para que llelo lea un adulto e para falar con eles...
4 abr 2020
Plataforma dixital GaliciaLe
A Xunta de Galicia acaba de abrir a todo o público o seu catálogo dixital de máis de 4500 obras a través de GaliciaLe:
"GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros,
revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas
públicas galegas...
GaliciaLe proporciona
un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital...
As obras poderán
lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e
ordenadores persoais e desde un lector de libro electrónico."
premede AQUÍ para acceder á plataforma |
Neste video tedes as instruccións para entrar, rexistrarvos e ter acceso xa.
21 mar 2020
POESÍA CONTRA A PANDEMIA
A pesar de que o día a día está cheo de noticias sobre a pandemia hoxe día 21 de marzo conmemóranse cinco días igual de importantes entre eles e que vos lembro abaixo. Outro ano calquera traballaríamolos e faríamos actividades sobre eles....
pero hoxe é dificil
pensar en outra cousa que non sexa a pandemia, cando non podemos abrazar
ás persoas, cando estamos confinados e non podemos pasear polos
bosques, cando é máis dificil aínda explicarlles todo esto aos nosos
nenos con sindrome de Down ou cambiarlles esas rutinas tan importantes
para os que teñen autismo.... pero para eso sirve a poesía, para
expresar sentimentos e transmitilos, para apoiarnos nas palabras e falar da nosa humanidade común
💞 Hai un conto de Leo Lionni "FREDERICK "que temos na Biblioteca e seguro que moitos tedes na casa, que fala da importancia da poesía e sobre todo dos poetas. Porque: PARA QUÉ SIRVE UN POETA NESTES DÍAS? (Se non tedes o libro, poñovos aquí este corto que en apenas 5 minutos danos a resposta a esa pregunta).
- O DÍA MUNDIAL DA POESÍA promovido pola Unesco para fomentar a súa ensinanza, a tradición oral e facer que sexa unha canle para transmitir os valores das comunidades.
O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL promovido pola ONU para suprimir calquer forma de discriminación racial.
O DÍA DA SÍNDROME DE DOWN establecido polas NACIÓNS UNIDAS para crear conciencia dentro da sociedade do valor que teñen estas persoas a pesar da súa discapacidade intelectual.
- E tamén o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES que ten por obxectivo crear conciencia da importancia de preservar e coidar as áreas forestais do planeta e a supervivencia de tódalas especies.
- Incluso hai un DÍA INTERNACIONAL DA MARIONETA unha manifestación do desenvolvemento cultural dos pobos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)