Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas

9 nov 2021

O blog das aulas de 4 anos

 

   Damos a benvida a un novo blog no cole!. Os profes de 5º de infantil irán compartindo con todos as actividades, experiencias e proxectos que están a facer os alumnos de 4 anos. Esperamos que vos gusten!. 

    Premede na imaxe para acceder ou tamén na pestana lateral. 


 

6 dic 2020

Traballos de infantil para o Certamen de medo

 O xurado do "Certamen de debuxos  e relatos de medo" seleccionou os traballos de debuxo en modalidade grupal de tódolos alumnos de infantil e agora estanse a expoñer na entrada do edificio. A cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación.

Este foi o resultado dos traballos dos pequenos, están ordenados de 3 a 5 anos: 



4 abr 2020

Plataforma dixital GaliciaLe

   A Xunta de Galicia acaba de abrir a todo o público o seu catálogo dixital de máis de 4500 obras a través de GaliciaLe:


"GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas...

  GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital...

  As obras poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais e desde un lector de libro electrónico."
 

premede AQUÍ para acceder á plataforma

 Neste video tedes as instruccións para entrar, rexistrarvos e ter acceso xa.

31 ene 2020

Ludoteca

   Estos días comezamos a ofertar a zona da LUDOTECA no piso de arriba, con espazos cómodos , alfombras e mesas onde poden xogar respetando os horarios establecidos para cada clase ao longo da semana.

 
 

Por zonas: mobiliario e algúns dos xogos:

 
 

23 nov 2019

A lectura de imaxes: Bicentenario do Museo do Prado

 
 Hoxe imos compartir con vos outro xeito de lectura: a lectura de imaxes. A pintura, desde que o ser humano existe, ten intención comunicativa, desde a arte rupestre das covas ata as imaxes en movemento do cine...  Os cadros eran un xeito de informar, disfrutar, comunicar e educar a un pobo que na súa maioría non sabía ler.

 Fai 200 anos o 19 de novembro de 1819  o Museo Nacional do Prado, abriu ao público  con 311 pinturas da Colección Real, todas de autores españois, colgadas nos seus muros. Estas eran obras realizadas en principio para que as disfrutasen en privado só os reis e nobles da corte e que así coa creación deste  Museo se compartiron co pobo.

 Este é un video  producido por El País Semanal no que para conmemorar o Bicentenario do Museo do Prado, Rino Stefano Tagliafierro e os seus colaboradores realizaron un relato animando unha trintena de cadros da pinacoteca. Fixádevos nos pequenos detalles que dan vida ás obras...


3 nov 2019

Lecturas de medo polo Samaín

  O Equipo de Dinamización da Biblioteca participou na exposición do Samaín con esta escolla de libros de medo que temos no fondo.



E vós, tédeslle medo aos libros?  




 

18 may 2019

ANTONIO FRAGUAS: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  O etnógrafo, antropólogo, historiador, xeógrafo e mestre Antonio Fraguas Fraguas (aldea de Insuela, parroquia de Loureiro, Cotobade, 1905- Santiago, 1999) é a personalidad literaria elexida pola Real Academia Galega (RAG) para protagonizar o Día das Letras Galegas de 2019.
  Na páxina deste blog para este día, temos recollidos moitos recursos e información para achegarnos á figura, personalidade e traballos de Don Antonio Fraguas, premendo AQUÍ.
 
MUSEO DO POBO GALEGO DO QUE FOI O PRIMEIRO DIRECTOR


 

7 abr 2019

Día Mundial da saúde. Exposición

A OMS dedica este ano o Día Mundial da Saúde, o 7 de abril, á cobertura sanitaria universal que é o seu obxectivo primordial. Para logralo é crucial que todas as persoas poidan ter a atención que necesitan, candoqueira que a necesiten en  todas as rexións do mundo.
Con todo, millóns de persoas seguen sen acceso algún á atención de saúde. E moitas persoas, que se contan tamén por millóns, vense obrigadas a elixir entre a atención de saúde e outros gastos cotiáns, como alimentos, vestidos ou ata un teito.
Desde a Biblioteca queremos colaborar na celebración deste día a través dunha exposición de libros sobre o tema para dar a coñecer a importancia da saúde. 


 

9 mar 2019

Un novo blog en 3º

    Desde fai pouco máis dun mes contamos no Centro cun novo blog no que a profe Inma pon á vosa disposición as actividades, traballos dos seus alumnos e recursos da aula de . Esperamos que vos guste e vos sexa de utilidade. 
   A partir de agora podedes atopalo na sección "Enredados no Ceip A Maía" deste blog da Biblioteca. 
 
a clase da profe Inma
    





















































































































































































































































































2 jun 2018

PROXECTANDO en VERDE: Aula virtual e códigos QR

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/aulavirtual/
   Ao longo do curso os alumnos participaron nun traballo en común  sobre todas as árbores e as plantas que temos no colexio... e por fin está rematado. Chámase "PROXECTANDO en VERDE"  e na  AULA VIRTUAL da web do cole tedes a disposición de todos o resultado da investigación sobre todas as especies do inventario. Agora, desde os máis pequenos de infantil ata os maiores, son pequenos expertos na súa especie. Decoráronse ademáis as portas das aulas coas especies traballadas.
  Tamén se colocaron sinaladores a carón de cada especie co seu nome e teñen un código QR elaborado polo equipo de TICS desde o que podedes acceder a toda a información recollida.


Algunhas das portas: 

Algúns dos carteis: 
 
 

7 may 2018

"Atlas dos horreos de Galicia" de Carlos Regueira

     O venres os alumnos de 3º recibiron a visita de Carlos Regueira Doctor Profesor de Nutrición na USC no Departamento de  Epidemioloxía e Saúde Pública. Pero non veu na súa faceta científica nin como pai dunha das nosas alumnas, senón como autor dun extenso, completísimo e sobre todo fermoso ATLAS DOS HORREOS DE GALICIA. Fixo o traballo partindo dunha unha afición, como el mesmo dí nunha entrevista na TVG que podedes ver premendo AQUÍ
  


  No libro recolle unha das formas máis nosas da arquitectura popular de Galicia. Como dí na dedicatoria do exemplar que nos deixou na Biblioteca "para que nos axude a PRESERVAR O NOSO PATRIMONIO."

  Un traballo de máis de catro anos, tres deles percorrendo Galicia para documentar fotográficamente máis de 9351 horreos (que son só un terzo dos que temos!). Ademáis fixo unha  clasificación  por tipos, según as formas e a  localización xeográfica.
 
  Todo está reflectido nesta coidada edición a través das 300 páxinas, 118 mapas, 1120 fotografías e  moitos datos...