25 abr 2023

BERTA DÁVILA E PERE TOBARUELA



As maiores e os maiores lectores do centro recibiron as visitas de dous grandes escritores: Berta Dávila  

e Pere Tobaruela.



Antes desta visita o alumnado de 5º descubriu porque Demetrio perdeu a súa chispa. Segundo nos

contaron os e as grandes lectoras, un grande amigo de Demetrio chamado André fará todo o posible

para que a recupere. Que se lle pasará pola cabeza a André para poder axudar ao seu amigo?
















Por outra banda, o alumnado de 6º de primaria, conseguiron resolver a “Misión Rosalía” xunto con

Formos4, Forx4n, Fornel4 e Form4il. Pere díxonos que este equipo de Formigas non é a primeira

vez que traballan de maneira conxunta para resolver estes misterios polo que agora quedamos con

moitas ganas de saber en que máis aventuras van a enfrascarse.












Estaban atentísimas e atentísimos!
























CINE CON PERSPECTIVA


            O martes 25, o alumnado de 6º de Primaria, recibiu unha gran visita de dúas compañeiras coas que visualizamos 6 curtametraxes e logo falamos en profundidade sobre cada unha delas. Dúas delas temos a sorte de poder visualizalas máis veces.



As curtas foron as seguintes:

  • Island

  • On les cocodriles

  • The solohists

  • Spoon

  • Cua de Sirena


  • Purl 




22 feb 2023

Respecto polas diferencias

O xoves, 26 de xaneiro, as alumnas e alumnos de 3ºC representaron unha pequena obra de teatro na biblioteca do centro. Titulábase "Respecto por las diferencias". Como público asistiron as aulas de primeiro, segundo e terceiro.  














1 feb 2023

Que tempo vai hoxe?

          Para atopar resposta a esta pregunta falade co alumnado de 4º de primaria e 6º de educación infantil, xa que dende o mes de xaneiro son unhas expertas e expertos en metereoloxía. 

E como conseguiron isto?

            Nada máis e nada menos que da man de Diego Viaño, presentar do tempo da TVG.


6º A e B de infantil estiveron moi atentas e atentos. Mirade ... 







Aquí está o alumnado de 4º primaria.






Moitas gracias pola visita! 



18 ene 2023

Intercambio de postais

Nunhas datas moi especiais o alumnado de 3º e 4º de primaria intercambiaron postais na biblioteca. 

Que se dirían? - Pregúntase Leodoro. 





23 dic 2022

Guía de lecturas para o Nadal

 Como cada ano por estas datas compartimos a guía de lecturas recomendadas para o Nadal que elaboran conxuntamente os Equipos das Bibliotecas Escolares do concello de Ames.

(PREMEDE NAS IMAXES PARA VELAS CORRECTAMENTE)


 

 

18 nov 2022

Fotogramas creativos no mercadillo de libros

 Na Biblioteca están expostas as creacións dos alumnos, debuxos, poemas e contos, que trocaron por libros no mercadillo da semana pasada. O telón, as portas e estanteirías están cubertos gracias á alta participación dos rapaces. Esto é unha mostra dos traballos.










 

12 nov 2022

Alumnos de primaria no mercadillo de libros

Os alumnos de primaria tamén visitaron a Biblioteca para participar no mercadillo e trocar as súas creacións por libros:





6 nov 2022

Os pequenos de infantil pasando polo mercadillo


O venres 28 os pequenos de 4º,5º e 6º de Infantil pasaron pola Biblioteca para trocar os dibuxos que prepararon nas clases, polos contos que máis lles gustasen do mercadillo.