Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

23 dic 2022

Guía de lecturas para o Nadal

 Como cada ano por estas datas compartimos a guía de lecturas recomendadas para o Nadal que elaboran conxuntamente os Equipos das Bibliotecas Escolares do concello de Ames.

(PREMEDE NAS IMAXES PARA VELAS CORRECTAMENTE)


 

 

22 dic 2019

Guía de lecturas de Nadal

https://issuu.com/biblioamaia/docs/guia_nadal_2019


     Guía de lecturas de Nadal recomendadas polos equipos da Rede de Bibliotecas Escolares dos centros públicos do Concello de Ames para os alumnos de Infantil, primaria, ESO e Bacharelato.

21 dic 2018

Guía de Nadal 2018

  A nova guía de lecturas recomendadas para este Nadal 2018 elaborada pola rede de Bibliotecas Escolares dos Centros Públicos de Ames.

19 ene 2018

Un Nadal diferente

  Este ano no cole tivemos "un nadal diferente" e queremos contarvos como foi. Partimos do libro "UN AGASALLO DIFERENTE”, de Marta Azcona como autora e Rosa Osuna como ilustradora, que está editado por Kalandraka  e  vos recomendamos para calquer época.
  O  Equipo de Dinamización da Biblioteca participou coa montaxe do recanto de BIBLIONADAL no andar superior que xa vos contamos na entrada anterior.
  Con este libro que nos explica como transformar unha pequena decepción nunha chea de oportunidades, vimos todo o que se podía facer cun anaco de tea... 

  Unha entre moitas ideas, era facer GRILANDAS   para o Nadal e adornar os corredores tanto de infantil e primaria fomentando o baixo consumo e a reciclaxe.  
 Premede  no PDF adxunto para ver o que se fixo ou tamén na web do cole.

29 dic 2017

Biblionadal

  Desde a Biblioteca participamos na creación dun recanto especial para o Nadal. Fixemos unha escolla dos libros relacionados con estas datas e creamos este espazo no primeiro andar do cole cunhas vistas inmellorables da nosa pérgola de glicinias. Coa colaboración dos equipos de extraescolares e  música, polo recanto foron pasando moitos grupos de nenos e nel contaron e tamén cantaron ao Nadal

(Premendo aquí podedes ver a canción dos alumnos de 2º).








14 dic 2017

Guía de Nadal

        Guía de lecturas recomendadas para o Nadal elaborada polas Bibliotecas escolares do Concello de Ames.

20 dic 2015

Bo Nadal desde a Biblioteca!

Desde a Biblioteca desexámosvos Bo Nadal:

"...un  Nadal  que amose
 como vai a vida             
un Nadal que cure         
con paz as feridas         

un Nadal 
                                    que abrigue
un Nadal  
                             turrón!
un Nadal 
                                     que acougue!
un Nadal   
                              canción!"
(Antonio G. Teijeiro)            
         

Esta árbore decora a entrada do centro.