"Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son..."
Onte despedimos a Avelino Pousa Antelo, "un galego dos bos e xenerosos". Foi dos últimos representantes da xeración das Mocidades Galeguistas, os máis novos participantes do movemento galeguista previo á guerra civil. Avelino, foi mestre, agrarista, político e escritor, e tamén pai, avó e veciño ... os seus 98 anos de vida son un exemplo de vida para todos.
Durante case un século amou á Galicia e tratou de facela mellor con entusiasmo de rapaz e a enerxía dos que son capaces de ver máis alá.
Durante case un século amou á Galicia e tratou de facela mellor con entusiasmo de rapaz e a enerxía dos que son capaces de ver máis alá.
Foi mestre de profesión e de corazón ( recordo unha emotiva e reivindicativa conferencia sobre as escolas unitarias onde mesturaba dous dos seus amores: a educación e o campo).
A familia foi tamén o eixo da súa vida e desde aquí lles mando todo o noso cariño e apoio
escoitemos nas súas propias palabras porque comezou a escribir:
en tódalas facetas da súa vida foi un home comprometido e tamén entusiasta e divertido
sempre terá un lugar na Historia de Galicia e na memoria e os corazóns de todos os que o coñecemos
Transcribo aquí a homenaxe que lle fixeron na Asociación de escritores en lingua galega (AELG) cando cumpleu 90 anos
http://www.aelg.org/activ/18092004/laudatio.htm
http://www.aelg.org/activ/18092004.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario