Mostrando entradas con la etiqueta pasamento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pasamento. Mostrar todas las entradas

19 abr 2022

En recordo de Kathy

 Con moita tristura e dor despedimos á mestra Ana Katterina Gómez Pardo, quen durante un tempo foi membro do Equipo de Dinamización desta Biblioteca.

 Queremos manter a Kathy sempre no noso recordo: como  compañeira e amiga, unha persoa alegre, divertida e colaboradora. Ninguén se vai de todo mentras vive na memoria dos que a coñeceron. Non atopamos palabras abondo para consolar a todos os que coñecían e querían a Kathy e só podemos acompañalos de corazón nestes momentos.  

                                       Vive para sempre no corazón dos que deixas atrás...

 

 


7 dic 2013

NELSON MANDELA

     
NELSON MANDELA
Unha pequena homenaxe a NELSON MANDELA:  un gran home, un gran lider e loitador incansable polos Dereitos Humanos que despois de permanecer na cadea durante 27 anos foi quen de perdoar e de unir a un pobo devastado polo apartheid, ata conseguir unha democracia multirracial en Sudáfrica baixo o lema "un pobo, unha nación". No ano 1993 consigueu o Premio Nobel da Paz e foi presidente do seu país loitando sempre pola reconciliación nacional.

    
   



  Desde a Biblioteca queremos lembrar algunhas das súas frases máis coñecidas, como esta: 


“A EDUCACIÓN  E A ARMA MÁIS PODEROSA QUE PODES ESCOLLER PARA CAMBIAR  O  MUNDO” 


CLICA AQUÍ

23 ago 2012

BO E XENEROSO...


"Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son..."


        Onte despedimos a Avelino Pousa Antelo, "un galego dos bos e xenerosos". Foi dos últimos representantes da xeración das Mocidades Galeguistas, os máis novos participantes do movemento galeguista previo á guerra civil.   Avelino, foi  mestre, agrarista, político e escritor, e tamén pai, avó e veciño ... os seus 98 anos  de vida son un exemplo de vida para todos.
       Durante  case un século  amou á  Galicia  e tratou de facela mellor con entusiasmo de rapaz e a enerxía dos que son capaces de ver máis alá.
       Foi mestre de profesión e de corazón ( recordo unha emotiva e reivindicativa conferencia sobre as escolas unitarias onde mesturaba dous dos seus amores: a educación e o campo). 
       A familia foi tamén o eixo da súa vida e desde aquí lles mando todo o noso cariño e apoio



escoitemos nas súas propias palabras porque comezou a escribir:



en tódalas facetas da súa vida foi un home comprometido e tamén entusiasta e divertido



sempre terá un lugar na Historia de Galicia e na memoria e os corazóns de todos os que o coñecemos



Transcribo aquí a homenaxe que lle fixeron na Asociación de escritores en lingua galega (AELG) cando cumpleu 90 anos 

http://www.aelg.org/activ/18092004/laudatio.htm
http://www.aelg.org/activ/18092004.htm





3 abr 2012

ANTONIO MINGOTE

    Acaba de falecer aos 93 anos Antonio Mingote, dibuxante, escritor, periodista e académico. Foi o primeiro humorista gráfico nomeado Académico da Real Academia española onde ocupou o sillón r desde 1988. Autodidacta desde os seus sus inicios como dibuxante, publicou cando tiña tan só 13 años a súa primeira ilustración.

     Durante a súa extensa carreira tocou  tódolos temas de actualidade: a educación, a cultura, os ricos e os pobres, a crisis, a política e os políticos, o medioambiente, a sociedade en xeral... dandolle a todos eles o seu particular punto de vista, baseado na crítica, o humor negro, a sátira política, a conciencia social e tamén con un chisco de ternura polos seus personaxes. (Especialmente divertidas e "actuais" son as viñetas recopiladas nos libros sobre as obras no Madrid dos anos 50 e 60).
 Toda unha vida retratando un país e un paisanaxe. 










14 sept 2011

Adeus

     É triste ter que lembrar nesta entrada a unha compañeira que se foi. Acabamos de enterarnos da triste nova do pasamento de Mª Dolores, MESTRA. Ela era a responsable da Biblioteca do IES Luis Seoane de Pontevedra e foi unha das impulsoras e organizadoras da actividade colaborativa  Salvando Libros  e de moitas outras intervencións.  Non a coñecíamos en persoa senon a través  das súas propostas, e sentimos a  perda, en palabras de quen a coñecía, " dunha  traballadora incansable e entusiasta, animadora, compañeira ... MESTRA". Lamentamos a súa ausencia tentando seguir o seu exemplo, recordando o seu entusiasmo. Desde estas liñas queremos expresar as nosas condolencias aos seus compañeiros e á súa familia. Lembremos que, aínda que ela non esté, sempre nos quedará o recordo do seu esforzo e a ilusión polo traballo dunha persoa que amaba os libros. Ninguén marcha de todo xa que permanece no recordo das persoas que a quixeron e que compartiron a súa vida.




"Todolos libros do mundo
non che dan a felicidade
... pero lévante en segredo 
cara ti mesmo.
Alí atopas todo o que precisas,
o sol , as estrelas  e a lúa
pois a luz que buscas 
vive en ti mesmo
e a sabedoría que buscaches
nas librerías
                   reloce en cada páxina ...
                                                   e agora ... é túa"
                                                    Herman Hesse



12 jun 2011

     Acabamos de saber polos compañeiros da *Biblioteca  do Ceip de Pazos* na comarca da Ferrolterra, a triste nova do  pasamento do escritor *JUAN FARIAS*


Juan Farias naceu en Serantes, Ferrol no ano 1935 e imos a permitirnos usar as súas propias palabras para definilo:

 "Son galego, nacido, criado e recriado en Galicia. Escritor con posibilidades, ex-mariñeiro, ex-estudante. Uns opinan que son triste, huraño e tímido. Outros opinan que son alegre, desenfadado e optimista. Normalmente atópome feo, todo depende do espello e do meu estado de ánimo. Sei o que quero. Conseguireino se non estiro a pata antes de tempo. Gústame viaxar e viaxei tanto como me veu en gana. Algunhas cousas das que ocorren ao meu redor repélenme, outras  atraenme e outras deixanme indiferente. Rebéntanme os ficheiros metálicos, as gaiolas, os bloques de vivendas con máis de trescentos veciños e a pesca con carburo. Opino que o refraneiro é definitivo cando di que en todas partes cocen fabas. Consólame a certeza de que cada libro é independente dos demais e de que non estou obrigado a ser fiel a determinado tipo de lectores se ao día seguinte descubro que estes lectores e eu estabamos equivocándonos. Ocórreme, creo, o que a moita xente, que unhas veces atópome novo e outras vello. Como escritor espero facer cousas porque se non, non escribiría, isto é elemental...  («Autorretrato», nos buscadores de auga)
--------------------------------------------------------------------------
Desde o noso blog expresamos o noso sentimento á familia e achegados a Xoan Farias.
Recordamos tamén que, así como as persoas viven no recordo dos que os quixemos, un autor  vive para sempre nas páxinas que deixou escritas trás de sí ... 
-------------------------------------------------------------------------
     Ao longo da súa vida foi autor de obras para adultos entre 1959 e 1975 e para nenos desde 1977

para adultos escribeu entre outras:
  • Os nenos numerados
  • A gritos, Gilbert, furiosamente
  • Gran cabotaxe 
  • Os buscadores da auga
e *moitas para nenos* :
  • "Algúns nenos, tres cans e máis cousas" obra pola que gañou en 1980 o * Premio Nacional de literatura infantil y juvenil.*
  • Crónicas de media tarde
  • O neno que veu co vento
  • Por terras de pan levar
  • Á sombra do maestro
  • Cuarenta nenos e un can
  • Os camiños da lúa  
  • O paso dos días
  • O corazón da mazá






Os nenos numerados:  
"Os nenos numerados recolle a conmovedora historia dun fato de rapaces internados nos anos sesenta no reformatorio coruñés de Palavea. Pés Planos, oprotagonista rouba unhas botas na zapatería de don Manuel e encérrano no reformatorio, un edificio rodeado por un muro de cristais cravados no cemento que brillan co sol da tarde.  A fame, o frío, os celadores, a loita diaria pola supervivencia nun ambiente hostil empuxan ós rapaces a tentar fuxir, pero moi poucos se atreven e case ningún o consegue. É unha novela sobre a dura adolescencia dos máis desgraciados rapazotes galegos de hai trinta anos"

"Alguns nenos, 3 cans e máis cousas"

    Así comeza este libro: "Fai moitos, moitos, moitos anos, na antiga China, nunha cidade de papel e barro, branca de caolín, entre plantas de arroz e té, un neno igual que todos os nenos, voaba o seu cometa..."