Mostrando entradas con la etiqueta día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da Paz. Mostrar todas las entradas

10 mar 2021

UN CONTO MUSICAL : "EL FLAUTISTA MARAVILLOSO ". LIBROS DE 1º E 2º

   Este curso cos nenos de primeiro e segundo de primaria, traballamos o tema da Paz a partir dun conto musical, El flautista maravilloso. O conto está incluido xunto con outros neste CD que temos na Biblioteca na sección de informativos, concretamente na de música. Esta, e a letra, son de José Merino e versión adaptada por Emilio Aragón*. A música está interpretada pola Orquestra Sinfónica de Tenerife dirixida por Víctor Pablo Pérez e a frauta por Heyri  Yoon.  A narración a cargo de Emilio Aragón* e Nadia  De Santiago. 

  Emilio Aragón*OrquestaSinfónica de Tenerife – El Soldadito De Plomo

Deutsche  Grammophon  20004

 LIGAZÓNS:

 https://emilioaragon.com/proyectos/el-soldadito-de-plomo/

https://www.elperiodicodearagon.com/noticias/escenarios/emilio-aragon-hombre-orquesta_158414.html

El flautista maravilloso de José Merino. Presentación de Aurelio Benito:

https://www.youtube.com/watch?v=ZdY0Z8pdVEY

 ***************************************************

  Para traballar o conto,  desde a materia de EDUCACIÓN ARTÍSTICA (EDUCACIÓN MUSICAL) propúxoselles aos mestres titores e titoras  de PRIMEIRO e SEGUNDO niveis de Primaria que traballásemos  dito conto, conxuntamente  e nas diferentes materias. Fixémolo así:

NAS  CLASES DE LINGUA

  Nas clases de lengua traballouse a comprensión do conto a través de preguntas  e a través da  lectura do mesmo en SEGUNDO nivel.  Ademais do argumento, reflexionamos cos nenos sobre o tema da Paz  e do poder transfomador da música.

NAS CLASES DE PLÁSTICA

  Tamén en plástica os nenos e nenas fixeron debuxos coa finalidade de participar na elaboración duns libros para a Biblioteca do centro que incluíra todos os elaborados  a partir do conto. A  finalidade destes  libros  é cedelos á biblioteca do colexio para que pasen a  formar partes dos fondos da mesma, xunto con outros libros e materiais diversos elaborados polos alumnos e alumnas do colexio ao longo dos distintos cursos.  En posteriores cursos, e sempre que isto sexa posible,  estes libros poderán cederse en préstamo ás aulas destes niveis para que os nenos e nenas o vexan cando se traballe o conto do Flautista Maravilloso  ou incluso para que sirva de motivación para a realización de posteriores libros por parte dos alumnos.  Este curso debido á actual situación que estamos a vivir, e por protocolo de prevención, o libro non se pode compartir entre os alumnos e levar polas aulas.

 Libro elaborado polos alumnos e alumnas de PRIMEIRO (para abrilo premer na imaxe):

 

NAS CLASES DE MÚSICA

  Os nenos e nenas coñeceron a frauta, tanto doce como traveseira a partir de pequenos fragmentos de vídeos de frautistas e viron imaxes de homes, mulleres e nenos e nenas frautistas. Tamén puideron ver unha frauta traveseira que levou a mestra de música a clase e observar as súas partes e que espertou un gran interese por parte dos nenos, ao mesmo tempo que unha gran admiración, pois todos puideron advertir a beleza da frauta e dos instrumentos musicais. Tamén a partir da presentación de Aurelio Benito (VER LIGAZÓNS ARRIBA) puidemos coñecer outros instrumentos musicais.

 ******************************************************

  Esperamos que con este sinxelo conto contribuamos a espertar o sentido da Paz e o amor polos contos e a música clásica nos nosos nenos e nenas.

******************************************************

 Debuxos das flautas


 

4 feb 2018

BIBLIOPAZ 2018

  Achegándonos ao Día da Paz, o Equipo de Dinamización da Biblioteca preparou un recanto fora do noso espazo físico no primeiro andar ao que lle chamamos BIBLIOPAZ para compartir uns momentos de lectura con libros sobre os valores, os dereitos, a paz e a convivencia.



 

18 feb 2017

Lecturas pacíficas e respetuosas...día da Paz


    Coa intención de fomentar o respeto, a tolerancia, o compañeirismo, a empatía... e evitar o acoso, a violencia, o racismo, e a intolerancia, na Biblioteca expuxemos estos libros que forman parte dos nosos fondos e que tratan todos estos temas...


     Ademáis de montar a exposición destes libros, participamos (coa axuda dos alumnos colaboradores) na ambientación deste espacio que comparte todo o centro... 
















 

30 ene 2017

Día Escolar Non Violencia e a Paz

  Hoxe o noso Centro vai conmemorar con diversas actividades o DÍA  ESCOLAR  DA NON  VIOLENCIA  E  A  PAZ, para que os nosos alumnos aprendan valores: a tolerancia, a solidariedade, a comunicación, o respecto e a amizade fronte á violencia e o odio. Pero sobre todo para que os practiquen e que, fronte aos que se empeñan en crear muros que separan e dividen, eles e elas sexan capaces de levantar pontes que  nos unan... LER MÁIS NA WEB DO COLE

   Coñecemos distintos tipos de violencia, moitos deles causados polo descoñecemento do outro, pola falta de entendemento, de respeto e comunicación.... resumindo: pola ignorancia. Por eso os adultos somos responsables de transmitirlles, aos nenos e nenas, non só coas nosas palabras senón sobre todo cos nosos actos o coñecemento e a sabedoría suficientes para que sepan crear un mundo de Paz e Non Violencia. 
  
 Traballamos con contos (" NEGROS E BRANCOS" , "OS NENOS NON QUEREN A GUERRA" e moitos máis)


E tamén empregamos outras linguaxes non escritas, a través de  cortos e videos... como este de animación de Ivan Ramadan (que viveu a guerra en Bosnia) sobre a tolerancia...


  E, para pensar sobre o tema, queremos compartir con vós este discurso de un pai  dirixido a outros pais, fillos, irmáns...  sobre a violencia de xénero...

28 ene 2016

Día da paz

     
















    No Centro levamos días traballando na conmemoración do Día da Paz. Desde a Biblioteca queremos compartir con todos á arbore das palabras de Paz que puxemos na entrada do colexio, o panel e a decoración  dentro da Biblioteca cos traballos dos alumnos e alumnas e tamén a exposición dos libros relacionados co tema dos que dispoñemos nos nosos fondos. 

   Lembrade tamén que na entrada anterior está un Symbaloo con recursos: contos e cancións para pensar na paz e tomar conciencia do que viven e sinten outros nenos en distintas partes do mundo. 
premer  AQUÍ  para ver a nosa "batalla pola Paz"
  
 Grazas a todos por colaborar e pensade que a Paz non é cousa dun só día.... 

19 ene 2016

A paz, a tolerancia e a convivencia

  Premendo neste Symbaloo atoparedes cancións, cortos de animacións, contos e historias sobre a paz, a tolerancia, o respeto e a convivencia para pensar e traballar na clase e na casa. Outras linguaxes...
 
     Materiais para os máis pequenos  e os máis maiores, de arriba abaixo. Desde Pocoyo e Caillu ata un clásico como o discurso de Chaplin no Gran dictador, a realidade dos nenos na guerra, o respeto polas diferenzas e as discapacidades, cortos premiados, raps pola tolerancia, música colaborativa na rúa, os discursos das nenas  Malala (premio pola Paz)  e  Severn Suzuki  que fixeron pensar aos políticos na ONU. Un enlace coa páxina da orquestra infantil Cateura sobre a música  que se pode facer co refugallo que rodea os barrios pobres arredor dun vertedoiro en Paraguay. Cancións co texto da Cantarela dos nenos de Xosé Neira Vilas, o Imagine de Lennon con subtítulos en castelán e inglés, unhas nenas de Siria (como as nosas) cantando  e contando a súa realidade na guerra... A experiencia de Wangarii e as árbores da Paz en África e para os máis maiores un corto do Home que plantaba árbores baseado no libro do mesmo título de Jean Giono que o escribeu despois das súas experiencias en Francia na primeira guerra mundial... Por certo os libros de JRR Tolkien do Señor dos aneis escribeunos este profesor de linguística da universidade de Oxford despois de pasar pola mesma experiencia na guerra e perder  a tódolos amigos que foran con el: a batalla dos abismos de Helm narra en ficción o que el vivira nas trincheiras. Da mesma situación xurdiron as Crónicas de Narnia do seu amigo  CS Lewis. A realidade e a ficción ás veces van da man... 
     
      Podedes ler, contar, cantar, escoitar....  e sobre todo pensar.
Un pouco de todo como vedes.... Un mundo... 
symbaloo da paz, o respeto, a tolerancia e a convivencia

2 feb 2015

DÍA DA PAZ: UN MURO SOLIDARIO DE LEITE

    Establecer fronteiras que separan, levantar muros que dividen e illan é moi habitual no mundo no que vivimos: vemos exemplos tódolos días na tele e nos xornais...
   Por iso o muro que se levantou o venres na pista cuberta do colexio para conmemorar o día da Paz era un muro diferente: UN MURO SOLIDARIO no que todos, desde os máis pequenos ata os maiores, puxemos o noso ladrillo. A proposta do Equipo de Extraescolares  era que cada neno, en representación da súa familia, aportase UN CARTÓN DE LEITE que ademáis empaquetamos na clase con debuxos propios. Despois os cartóns de leite donáronse a Caritas Bertamiráns e ao Cotolengo para que os repartise entre as familias que o precisasen.    
                
      Agradecemos aquí ás familias a súa aportación a este muro (que dada a matrícula do noso centro acadou un tamaño importante) á Ampa e tamén damos as grazas  á empresa Feiraco que aportou unha doazón considerable.


        Esta actividade foi recollida no edición dixital da Voz de Galicia .
premer aquí para ver as imaxes recollidas na Voz de Galicia 
        Tamén tedes o video na web do colexio
 
    Máis información sobre esta actividade está nos blogues do colexio, por exemplo no de Rosana de Infantil que recolle tamén a noticia que saleu no Correo Galego.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiadtOFwIc22nXwWLCWsoOwqDGurQ1GI4hY0HHW2YP3BHMElXonn-guk_lC-VT-8v5J2piut0_D2wjwKDjGD72YmrbQD6yWYXniH2B-XpMlnmB7UcAFd40Wyu7PFuJzxSu9nvjVavJCHdc/s1600/34696314336.jpg
premer na imaxe
                                                    
      Enlazo aquí cun artigo publicado onte polo Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios Diz : "NON SÓ POMBAS E GLOBOS" ler +