Este sábado abreu nas rúas de Santiago unha nova librería (cronopios). O local está en Alfredo Brañas. Nos tempos que corren sorprende a valentía de iniciar unha aventura empresarial e sorprende máis aínda o valor de que esta aventura sexa "vender libros". Desexámoslles "sorte e libros!"
Nunha cidade na que pecharon librerías históricas que foron emblemáticas para os nosos pais e para moitos de nós coma González ou Galí ... é de agradecer que alguén se atreva a inaugurar un negocio de este tipo. Os libros destacan dentro dun local claro e luminoso no que me gustou sobre todo o recanto dedicado á literatura infantil e xuvenil, no que os rapaces atoparán moitos dos seus favoritos baixo unhas nubes que lle dán un aquel especial, como de estar voando nun ceo de imaxinación. De feito chamoume a atención un pequeno que, mentras curioseabamos e falábamos de instalacións, editoriais e libros... estaba sentado no chan sumerxido totalmente no que estaba a ler.
Póñovos aquí un enlace no que tamén podedes consultar os seus fondos: clicade aquí
embarcados na aventura dos libros... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario