O venres rematamos o colexio, coa IV GRAN LIBERACIÓN MUNDIAL DE LIBROS, unha actividade recollida na rede na que participamos con algúns dos libros da Biblioteca. Deixamos no portalón do colexio unha mesa cos libros e coas as instruccións para liberalos nas que indicábamos que o libro forma parte de "OClub dos Libros Perdidos".
Para seguir coa actividade, despois de leelo, escribide unha dedicatoria e indicade cando e onde o deixades para continuar a cadea de lectura. Así, en cada liberación sera posible saber por onde viaxou.
APROVEITADE AS VACACIÓNS PARA LIBERAR OS LIBROS NOS SITIOS ONDE VIAXEDES.
LIBROS LIBRES |
No hay comentarios:
Publicar un comentario