Agustín Fernández Paz será o escritor homenaxeado pola Fundación Otero
Pedrayo na súa festa anual en Trasalba na Casa Grande de Cimadevila (Amoeiro), casa-museo de Ramón Otero Pedrayo, o derradeiro domingo de xuño. Desde a nosa Biblioteca, que leva o seu nome, queremos felicitar a Agustín por este novo e merecido premio "pola súa traxectoria literaria , compromiso coa lingua e participación activa nos movementos de renovación pedagóxica" (estos son algúns dos argumentos que expón a Fundación para este premio)
O escritor Francisco Castro, presidente de GALIX, fará a presentación de Agustín nesta edición 2014 dos PREMIOS TRASALBA e a fundación prepara
para a ocasión un libro homenaxe, arredor da personalidade e a traxectoria biográfica de
Fernández Paz. O premio, de carácter honorífico, está representado por
unha figura de bronce do patriarca das Letras Galegas, obra do escultor
Manuel Buciños.
casa museo de Otero Pedrayo en Trasalba |
PREME no noso muro de Pinterest para ver as obras de Agustín |
No hay comentarios:
Publicar un comentario