O alumnado de cada unha das aulas de 1º
preparou coa axuda das súas titoras seis interesantes e divertidos
experimentos, de entre os que xa practicaran en Infantil, para amosarlle
a todos os maiores (desde 2º a 6º!) o divertida que pode ser a ciencia. Experimentos con osixeno, imáns, submarinos, electricidade estática, mesturas de líquidos, disolucións, flotabilidade etc... É
outra actividade promovida baixo o lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA
ESCOLAR. E os pequenos alumnos e alumnas de 1º esforzáronse en explicar os seus experimentos aos maiores. Tiñan incluso repartidos os roles de cada membro do equipo: un expoñía, outro realizaba e outro colocaba os materiais... Fixérono realmente ben e todos o pasaron xenial coa ciencia!
Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
No hay comentarios:
Publicar un comentario