"Cando poidas elixir entre ter razón e ser amable, elixe ser amable". "As palabras amables non costan moito, pero consiguen moitas cousas". "Fai todo o ben que poidas, por todos os medios que poidas, de todos os modos que poidas, en tódolos sitios que poidas, todas as veces que poidas, a toda a xente que poidas e mentras poidas".
Estes "preceptos", como lles chama R.J. Palacio, a autora de "La lección de August" están no libro que vos quero recomendar hoxe e que cando o atopei non puiden soltar ata rematalo.... Certamente non é un libro "agradable" e nin siquiera está catalogado como infantil e xuvenil, pero esta historia orixinal e conmovedora narrada por un rapaz de 10 anos que naceu con unha cara diferente e que se enfrenta por primeira vez a escola, pode ser lida, ou escoitada, ou comentada polos rapaces máis novos. Un libro que emociona desde a primeira páxina e que te fai pensar ...
E agora que nos colexios estamos a preparar actividades para o Día da Paz, igual sería convinte lembrar que a paz pode estar nunha palabra amable, nun xesto de respeto, en ser capaces de poñernos no lugar dos outros, dos máis débiles e desfavorecidos...
E xa vos digo que acaba de sair a continuación: "La historia de Julián".
No hay comentarios:
Publicar un comentario