Este curso cos nenos de primeiro e segundo de primaria, traballamos o tema da Paz a partir dun conto musical, El flautista maravilloso. O conto está incluido xunto con outros neste CD que temos na Biblioteca na sección de informativos, concretamente na de música. Esta, e a letra, son de José Merino e versión adaptada por Emilio Aragón*. A música está interpretada pola Orquestra Sinfónica de Tenerife dirixida por Víctor Pablo Pérez e a frauta por Heyri Yoon. A narración a cargo de Emilio Aragón* e Nadia De Santiago.
Emilio Aragón*, OrquestaSinfónica de Tenerife – El Soldadito De Plomo
Deutsche Grammophon 20004
LIGAZÓNS:
https://emilioaragon.com/proyectos/el-soldadito-de-plomo/
https://www.elperiodicodearagon.com/noticias/escenarios/emilio-aragon-hombre-orquesta_158414.html
El flautista maravilloso de José Merino. Presentación de Aurelio Benito:
https://www.youtube.com/watch?v=ZdY0Z8pdVEY
***************************************************
Para traballar o conto, desde a materia de EDUCACIÓN ARTÍSTICA (EDUCACIÓN MUSICAL) propúxoselles aos mestres titores e titoras de PRIMEIRO e SEGUNDO niveis de Primaria que traballásemos dito conto, conxuntamente e nas diferentes materias. Fixémolo así:
NAS CLASES DE LINGUA
Nas clases de lengua traballouse a comprensión do conto a través de preguntas e a través da lectura do mesmo en SEGUNDO nivel. Ademais do argumento, reflexionamos cos nenos sobre o tema da Paz e do poder transfomador da música.
NAS CLASES DE PLÁSTICA
Tamén en plástica os nenos e nenas fixeron debuxos coa finalidade de participar na elaboración duns libros para a Biblioteca do centro que incluíra todos os elaborados a partir do conto. A finalidade destes libros é cedelos á biblioteca do colexio para que pasen a formar partes dos fondos da mesma, xunto con outros libros e materiais diversos elaborados polos alumnos e alumnas do colexio ao longo dos distintos cursos. En posteriores cursos, e sempre que isto sexa posible, estes libros poderán cederse en préstamo ás aulas destes niveis para que os nenos e nenas o vexan cando se traballe o conto do Flautista Maravilloso ou incluso para que sirva de motivación para a realización de posteriores libros por parte dos alumnos. Este curso debido á actual situación que estamos a vivir, e por protocolo de prevención, o libro non se pode compartir entre os alumnos e levar polas aulas.
Libro elaborado polos alumnos e alumnas de PRIMEIRO (para abrilo premer na imaxe):
NAS CLASES DE MÚSICA
Os nenos e nenas coñeceron a frauta, tanto doce como traveseira a partir de pequenos fragmentos de vídeos de frautistas e viron imaxes de homes, mulleres e nenos e nenas frautistas. Tamén puideron ver unha frauta traveseira que levou a mestra de música a clase e observar as súas partes e que espertou un gran interese por parte dos nenos, ao mesmo tempo que unha gran admiración, pois todos puideron advertir a beleza da frauta e dos instrumentos musicais. Tamén a partir da presentación de Aurelio Benito (VER LIGAZÓNS ARRIBA) puidemos coñecer outros instrumentos musicais.
******************************************************
Esperamos que con este sinxelo conto contribuamos a espertar o sentido da Paz e o amor polos contos e a música clásica nos nosos nenos e nenas.
******************************************************
Debuxos das flautas
No hay comentarios:
Publicar un comentario