Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas

24 feb 2022

Exposición fondos no Día de Rosalía

 O Equipo da Biblioteca preparou para o Día de Rosalía de Castro unha exposición na que se mostraron os libros da autora que temos no Centro.

(Tamén se fixeron por parte dos alumnos e titores diversas actividades que se irán mostrando en breve.)


6 feb 2022

O Carballo de Conxo e a obra de Rosalía de Castro

 Seguramente xa sabedes que "O Carballo de Conxo" do veciño concello de Santiago é a árbore seleccionada por España por votación popular  para presentarse candidata a ÁRBORE EUROPEA DO ANO. Ten máis de 250 anos, uns 30 metros de altura e case 4 de perímetro. 

 Desexamos que, cos nosos votos, o carballo de Conxo sexa elexido como Árbore Europea do Ano, 🌳

 

😕 Podedes preguntarvos cal é a relación desta árbore coa literatura...   

 Pois imos facer un chisco de Historia: o carballo de Conxo é un dos poucos que quedan desa idade e envergadura no entorno de Santiago xa que quedou protexido durante anos nos xardíns privados do antigo Manicomio. A maioría dos outros desapareceron queimados ou talados para empregar nas numerosas curtidurías que nos séculos XVIII e XIX rodeaban a capital e que os empregaban polo tanino para conservar as peles de animais.

👉E aquí ven a relación: ademáis dos anos e o tamaño, outro dos valores engadidos deste carballo é o cultural. No século XIX celebrouse a carón del o histórico Banquete Democrático de Conxo "organizado por estudiantes universitarios (entre eles o poeta romántico Aurelio Aguirre)  onde os xoves estudantes quixeron servila mesa a artesáns e obreiros, como símbolo revolucionario de igualdade, liberdade e fraternidade, os valores democráticos recibidos da Revolución Francesa". Ante eles e cerca do carballo  fixo o poeta o seu famoso Brindis (nas imaxes)


O monte de Conxo tamén inspirou a Rosalía de Castro, quen criticou a tala destas árbores no poema titulado “Los robles”, do seu libro "En las orillas del Sar" (1884). Os seus textos en defensa da naturaleza son hoxe en día unhas das primeiras proclamas ecoloxistas e de loita polas árbores e o medio natural levadas a cabo en España. 👏👏👏

 Así que xa sabedes: LEDE E VOTADE!👍👍👍
 

 (European Tree of the Year)Bosques Sin Fronteiras, convoca o Premio Árbol Nacional e Europeo do Año, dirixidos a significar e valorar árbores que por diversas características son merecedores dun recoñecemento e respeto social. Busca a elección daqueles exemplares cos que as persoas establecen especiais relacións afectivas e que son "Testigos da historia, do clima e do respeto dos pobos"

Cambio de data do Día de Rosalía de Castro

As últimas investigacións fan que o Día de Rosalía de Castro pase a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data do seu nacemento según a investigadora Sagrario Abelleira, quen documenta datos ata o de agora descoñecidos sobre Rosalía e Murguía nunha publicación que conta co apoio do Goberno galego. VER MÁIS +

O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego e, por primeira vez, o curso escolar 2021/2022 inclúe a celebración desta efeméride na súa programación. Unha data que ata o de agora, e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, se celebraba o 24 de febreiro, día en que recibiu o bautismo.

10 mar 2021

A semana de Rosalía en 4ºD

  Os nenos e nenas da clase de 4ºD realizaron un exhaustivo traballo no día de Rosalía: "para nós foi “A SEMANA DE ROSALÍA”, xa que comezamos facendo un percorrido polo seu poemario en galego máis relevante, visualizando algún documental da súa vida, recitando os seus versos e empapándonos un pouquiño da súa historia. 

  De seguido, decidimos plasmar a nosa gran poeta e activista das formas máis persoais posibles deixando voar a imaxinación e dando paso a máis absoluta creatividade tomando como referencia algúns retratos e fotografías dela. Xunto a estes retratos non podía faltar un poemiña en cada un, que foron recitando diante de tódolos compañeiros e compañeiras  unha vez rematado o traballo.

 A continuación colgamos todos estes retratos de Rosalía nun mural e tamén realizamos outro no que está refrectida a última frase que puido dicir Rosalía de Castro no seu último alento, dirixidas a súa filla Alejandra: “Abre a xanela, Alejandra, que quero ver o mar!”. Isto o fixemos adxudicando dúas letras a cada alumno  para que a decorasen ao seu antoxo e quedase un mural alegre e corido.

  

Esperemos que disfrutedes do noso traballo tanto coma nós realizándoo e por moitos anos máis de Rosalía!!!"

( Para ler os poemas podedes ir pausando o video)

28 feb 2021

Carteis de 5º e 6º lembrando a Rosalía de Castro

    Seguimos coa publicación dos carteis elaborados polos nenos de 5º e 6º de Primaria para participar na homenaxe a Rosalía  organizado polo EDNLG do Concello en coordinación cos dos centros baixo o lema "A LUZ DE ROSALÍA".  Buscadeos polas rúas e disfrutade dun paseo literario! 

   Estos son os carteis sobre os poemas negra sombra e este vaise e aquel vaise  elaborados polas alumnas e alumnos de 5º de Primaria :  





E os  carteis elaborados polas alumnas e alumnos de 6º de Primaria,  cunha escolla de versos de Rosalía.




26 feb 2021

Carteis de 3º e 4º para o Día de Rosalía

  Seguimos coa publicación dos carteis elaborados polos nenos de 3º e 4º de Primaria para participar na homenaxe a Rosalía  organizado polo EDNLG do Concello en coordinación cos dos centros baixo o lema "A LUZ DE ROSALÍA".  Buscadeos polas rúas e disfrutade dun paseo literario! 

Estos son os carteis sobre os poemas dunha boda na aldea, o mes de maio e unha pequena biografía  elaborados polos nenos e nenas de 3º de Primaria : 




Carteis elaborados polos nenos e nenas de 4º de Primaria, sobre os poemas de unha boda na aldea, anque nacese xordo, arriba rapaciñas e unha recopilación de ideas que nos iluminan sobre a vida e obras de Rosalía 





A luz de Rosalía no Concello de Ames : carteis de 1º e 2º de primaria

    Publicamos hoxe os carteis elaborados polos nenos de 1º e 2º de Primaria para participar na homenaxe a Rosalía  organizado polo EDNLG do Concello baixo o lema "A LUZ DE ROSALÍA". Os equipos de cada centro organizáronse para que os rapaces fixeran os carteis para colgar polas farolas das rúas. Irémolos subindo aos poucos. A ver si os atopades polas rúas e disfrutades coa lectura! 

Carteis elaborados polos nenos e nenas de 1º de Primaria: de alboradas, galos e pitas.




Carteis elaborados polos nenos e nenas de 2º de primaria: negra sombra, eu por vós e vós por outro.




23 feb 2021

"A luz de Rosalía". Nenos de Ed.infantil. Certame poético polas rúas de Bertamiráns

Este ano o EDNLG do Concello de Ames escolleu para conmemorar este 2021 o Día de Rosalía o lema "A LUZ DE ROSALÍA". En coordinación con eles os equipos equipos de Normalización de cada centro organizáronse para que os alumnos de Ames fixeran os carteis para colgar polas farolas das rúas. Irémolos subino aos poucos. Buscadeos polas rúas e disfrutades coa lectura!

Estos son os carteis que fixeron os pequenos de infantil:

3 ANOS 

 


4 ANOS




 5 ANOS




 

8 mar 2020

A mirada e o corazón de Rosalía

  Para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA os nenos e nenas de 5ºA de infantil fixeron un cadro quebracabezas xigante a partir da obra doutra muller, a artista viguesa Abi Castillo, que destaca polas cores e o simbolismo empregado. O cadro está na entrada de infantil e no blog da clase contan como o fixeron se premedes AQUÍ.

 
  Fixáronse sobre todo na mirada e o corazón de Rosalía, que medrou no entorno de Bertamiráns, na aldea de Ortoño, vendo regatos pequenos, fontes, rios, arboredas, paxariños piadores, pinares que move o vento... Os mismos que podemos ver hoxendía só con darnos unha volta. Viron tamén o libro "Rosalía" de Helena Villar Janeiro.


6 mar 2020

Rosas para Rosalía


   Os nenos e nenas de 5º C de infantil achegáronse á poesía de Rosalía de Castro con estes versos:

 "Vente rapasa, vente meniña,
 vente lavar ao pilón da fontiña. 
Ai, que  meniña que nena preciosa,
 despois de lavada parece unha rosa".
  
  Fixeron  espirais de papel nas que escribiron o poema e despois recortaron e montaron as rosas.




2 mar 2020

As fiestras de Rosalía

  Estas son as "fiestras" cos poemas de Rosalía de Castro que fixemos no colexio para compartir os seus poemas con tódolos veciños repartíndoas polos escaparates de Bertamiráns xunto cos alumnos de todo o Concello, seguindo unha proposta dos Equipos de Normalización.



26 feb 2020

Día de Rosalía

   

Algunhas das actividades para o día de Rosalía organizadas no centro. Unhas polo equipo da Biblioteca e outras tamén en colaboración co equipo de Normalización: exposición das súas obras, busca de información sobre a escritora a partir dun panel de preguntas, busca e selección de poemas para poñer nas "fiestras", retratos de Rosalía con distintas técnicas... 


Texto da canción : adios ríos , adios fontes 
Voz e música : Amancio Prada

 (Nas seguintes entradas continuaremos mostrándovos máis traballos sobre Rosalía. De momento podedes ver o que fixeron algúns dos pequenos de Infantil nos blogs de 4 anos e de 5 anos )