31 may 2016

Nun lugar da mancha....



      Os alumnos e as alumnas de 5º de Primaria fixeron este LIBRO EN FORMATO XIGANTE con ilustracións sobre o Quixote, para conmemorar os 400 anos da morte do seu autor Miguel de Cervantes.
Empregaron cartón de embalaxe para facer as páxinas que están cosidas con cordel para encuadernalo.  

     Está exposto na Biblioteca por si o queredes ver.





 Podedes ver as páxinas neste video:





O menú de Don Quixote

    Con motivo do 400 aniversario da morte de Miguel de Cervantes os alumnos e alumnas  de 5ºB  construiron este muiño de vento no que puxeron os personaxes máis importantes do Quixote e un traballo de investigación no que explican o que comían e como se preparaban algúns dos platos que se  mencionan no libro: duelos e quebrantos, coello, fabas...
    
    Está exposto na Biblioteca.



 

17 may 2016

A fala. Manuel María: As nosas Letras


                                                  

 A fala. Manuel María


O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior)
================================================= 
    
 Nesta páxina do Seminario Galán tedes recursos para traballar  e información para coñecer mellor  ao poeta Manuel María.  

    (Manuel María Fernández Teixeiro, naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929. Autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.   A Real Academia Galega adícalle, polo seu compromiso co idioma galego, o Día das Letras de 2016)
PREMER AQUÍ

5 may 2016

BIBLIOPATIO NA MAÍA


   No Ceip A Maía inauguramos un novo espazo  lector e lúdico: o BIBLIOPATIO, que será utilizado polos rapaces no recreo, na hora de ler e nas ocasións que o precisen. Delimitado con alfombra, cintas, plantas é un espazo recollido que esperamos sexa unha nova zona de disfrute lector. Ten de fondo a obra gráfica que fixeron os alumnos de 6º o curso pasado no taller de arte urbano.

A  distribución do BIBLIOPATIO .... e os primeiros usuarios:

23 abr 2016

"En un lugar de la Mancha...."

      Unha montaxe coas fotos dos rapaces cando o venres atoparon as primeiras frases do Quixote escrito en todos os tramos das escaleiras do colexio.




 
Premer aquí



Cervantes, o Quixote e as escaleiras da Maía

    O venres ,para conmemorar o día do libro e os 400 anos do pasamento de Miguel de Cervantes, as escaleiras do colexio apareceron escritas coas primeira frases  do Quixote. O que queira seguir lendo pode pasar pola Biblioteca e coller algúns dos libros que temos no noso fondo. E lembrade que no Symbaloo de Cervantes temos recollidos moitos recursos, xogos, actividades e o Quixote en distintos formatos....
Tamén están expostos os traballos en forma de LAPBOOKS realizados polos rapaces recomendando os libros que lles gustaban....  Neste ISSUU podedes ver os traballos e varias fotos do centro...
    

 Tamén se fixeron actividades  relacionadas coa banda deseñada e pronto se colgaran máis traballos e entradas nos distintos blogs do colexio. Grazas a tódos por colaborar!

 

13 abr 2016

Contos para o Día Internacional do BICO


Ás veces os telexornais traen noticias curiosas: resulta que hoxe é o DÍA INTERNACIONAL DO BICO. Así que lembrei un precioso conto que se lles conta aos pequenos (Bicos, bicos)  sobre como son e que lles parecen os bicos...


   E tamén moitos outros que falan de bicos para mamá, para papá, para os irmáns, para os amigos, de qué cor son, a que saben, outros que falan de sementar bicos, de bicos con música, e tamén de cando se poden dar sin molestar.... Bicos grandes e bicos pequenos, para antes de almorzar e antes de deitarse, para compartir cos amigos ....  Aquí vos poño unha pequena selección... hai moitos máis! 



















    E este precioso e divertido albúm para pequenos e grandes, no que un cabaleiro vai na procura do bico perdido. Fantástico!. Por moi cansos e esgotados que estemos, sempre temos que buscar un oco para dar un agarimoso bico de boas noites...  

Así que FELIZ DÍA DO BICO e que recibades e deades moitos. E:
 

30 mar 2016

Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Inca Garcilaso: 400 anos

IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega: 3 escritores, 3 paises, 2 continentes, 2 idiomas...

                        23-4-1616    -    23-4-2016



       O 23 de abril de 2016 cúmprense 400 anos da morte de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o peruano Inca Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e "alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural".

     Para achegarnos a CERVANTES e DON QUIJOTE", póñovos aquí un SYMBALOO que recolle actividades e enlaces que poden utilizar desde os máis pequenos de infantil ata os maiores. Inclúe unha versión dixital completa do Quixote, pelis, documentais, quebracabezas, memory, trivial e máis xogos... Este Symbaloo estará ademáis nunha páxina nova do blog para que sexa de máis doado acceso.

Premer no Symbaloo de Cervantes e Don Quijote
  
Para saber máis sobre estos 3 autores e as homenaxes neste ano premede nas imaxes:
Miguel de Cervantes
Miguel de Cervantes

William Shakespeare

Inca Garcilaso de la Vega



28 mar 2016

Un libro electrónico español en 1949

   Ángela Ruiz Robles foi unha mestra galega que deseñou a primeira  Enciclopedia Mecánica en 1949. Esta muller nada en León, que daba clase no Ferrol, inventou esta máquina para os seus alumnos, xa que lle parecían un atraso os métodos da época e que tivesen que ir cargados de libros.
   Este aparello, precursor dos eBook, constaba dunha serie de paneis con bobinas nos que se incluía o inglés e o francés e a asignatura a traballar e no que o mestre tamén podía anotar. Tiña un sistema mecánico, eléctrico e a presión de aire.


   A Enciclopedia Mecánica está considerada por moitos como o primeiro libro electrónico. "Facendo presión en abecedarios e números formábanse sílabas, palabras e leccións. A segunda, funcionaba con bobinas, cada unha dedicada a unha materia. Todo baixo unha lámina transparente e irrompible, con cristal de aumento. E con luz, para que se puidese ler na escuridade. Ademais, podía incorporar son coas explicacións de cada tema. Todo no tamaño dun libro, «de facilísimo manexo e peso insignificante», describía a propia autora.
 

      Hoxe Google recorda a esta muller cun doodle. Se premedes nel podedes ver máis información sobre esta muller, unha auténtica precursora.... 
Angela Ruíz Robles


    Dona Angela tivo importantes ofertas do estranxeiro para mercarlle a patente, pero ela sempre quixo que o seu invento quedase no noso país... O Ministerio de Educación aproboulle o proxecto, máis non consigueu financiación.  Premiada e recoñecida numerosas veces, dentro e fora, sempre quixo que fora España quen se beneficiase do seu invento PERO...
dunha entrevista en 1958
 

 1949: Ángela Ruiz Robles (1895-1975) patenta a súa "Enciclopedia Mecánica" en España

 1971: Michael Hart lidera o proxecto Gutenberg que dixitaliza libros para ofrecelos gratis


O prototipo da Enciclopedia que se construeu no Ferrol e que creo que agora está no MUPEGA.