Mostrando entradas con la etiqueta Dirección. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dirección. Mostrar todas las entradas

13 nov 2017

BIBLIOTECA PARA NAIS, PAIS E FAMILIAS

  Estimadas nais, pais, familias,

   Durante este curso o noso centro quere poñer á vosa disposición para lectura e consulta, unha selección de libros de pedagoxía de temas varios. A finalidade é que poidades coñecer distintos enfoques,  aprender, reflexionar  e incrementar a vosa seguridade como nais e pais e contar con informacións e criterios veraces, que sen dúbida, pódenvos axudar a exercer un bo desempeño pedagóxico na crianza dos vosos fillos e fillas. Tentouse seleccionar libros con  unha visión sinxela e amena sen renunciar ao rigor, e que vos axuden no exercicio de vosa máis apaixonante responsabilidade: a de ser nais e pais.

  
 Poderedes retiralos na nosa biblioteca os luns en horario de 16:30h a 17:30h.

 Esperamos que vos animedes a lelos, e que os atopedes de utilidade.

 O noso agradecemento para a ANPA que será quen xestione directamente o préstamo.





 (Empezamos con estes sete libros que se irán ampliando ao longo do curso e neste PDF podedes ler máis información sobre cada un deles)




2 jul 2015

Despedida de Lita

    O noso cariñoso "ata pronto" a unha gran directora e mellor persoa, que se xubila este ano despois de toda unha vida dedicada á docencia. Unha muller pequena, como ela misma se defineu na súa despedida, pero grande en tódolos demáis aspectos, tanto profesionais como persoais, e coa que sempre contamos como unha compañeira máis. Grazas Lita!. 
   Agradecerlles tamén a Isabel e Mari Luz o seu eficaz e complicado traballo como membros do Equipo de Dirección saínte e a súa axuda e colaboración. Tamén queremos desexarlles boa sorte as compoñentes do novo Equipo (Isabel, Rosa e María) que comezaron hoxe  esta tarefa.  
    
    
       O agarimo que recibimos ao longo destes anos é o rastro que nos deixas.  Parabéns Lita!
     
   Unha aperta e boa sorte nesta nova etapa!

unha muller con moitas facetas!

27 dic 2010

XA VAN ALÁ CASE DOUS ANOS...

           Durante o primeiro trimestre estivemos de mudanza na biblioteca. Trasladamos todos os libros desde o anterior local e  clasificámolos por idades, xéneros e idioma para facilitarlles aos nenos/as o acceso a eles. Adaptamos ás novas necesidades e ao novo espazo  o mobiliario existente e adquirimos algún novo.  Instalamos  varios ordenadores e actualizamos os fondos. Todo este proceso culminou cun ACTO DE INAUGURACIÓN no mes de decembro do curso 2006-2007 ao que asistiron distintas personalidades da Consellería de Educación e do Concello. Sen lugar a dúbidas os grandes protagonistas foron os nenos e nenas do colexio que por grupos foron baixando a coñecer as novas instalacións.




           Durante o curso 2008- 2009 tivo lugar un acto ("A cultura está a cambiar Galicia") promovido pola Consellería de Educación ao que asistiron as entonces Ministra Dona Mercedes Cabrera e Conselleira Dona Laura Sanchez Piñón, o Alcalde do Concello de Ames Don Carlos Fernández e  o Delegado de Governo Manuel Ameijeiras, que foron recibidos pola Directora Dona Rosalía Avilés e polos membros do equipo de Biblioteca.



     A Biblioteca está estructurada en diversos espazos, en consonancia coas diferentes funcións que lle queremos dar: cinco espazos adicados á lectura de lecer (prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos, lectura relaxada e zona de banda deseñada); outra zona adicada a consulta e estudo individual. Contamos tamén cunha zona de prensa e un espazo multimedia.