Mostrando entradas con la etiqueta espazos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta espazos. Mostrar todas las entradas

18 jun 2022

Amadriñamentos lectores entre alumnos de primeiro e 6º de infantil

Dentro das actividades promovidas pola Biblioteca este curso volvemos aos amadriñamentos lectores. Os alumnos de 1º de primaria visitaron aos nenos de 6º de infantil  para lerlles uns contos. . Recolléronos nas clases e foron ao patio buscando recantos que se prestasen á lectura. Estas son algunhas das fotos que se fixeron desta actividade. A experiencia funcionou moi ben e foi moi enriquecedora tanto para os lectores como para os que os escoitaban!








 

31 ene 2020

Ludoteca

   Estos días comezamos a ofertar a zona da LUDOTECA no piso de arriba, con espazos cómodos , alfombras e mesas onde poden xogar respetando os horarios establecidos para cada clase ao longo da semana.

 
 

Por zonas: mobiliario e algúns dos xogos:

 
 

16 oct 2019

Exposición do Día das Escritoras

  O 14 de outubro celébrouse o Día das Escritoras unha iniciativa  da Biblioteca Nacional, (entre outras institucións) que naceu coa intención de difundir o legado cultural das escritoras hispanas e hispanoamericanas, recordar as dificultades ás que se enfrontaron e destacar o valor das súas obras. 

 O Equipo de Dinamización da Biblioteca fixo unha pequena selección que se colocou no espazo habilitado no primeiro andar.




14 nov 2016

Día das libreirías en Urueña



 As  libreirías españolas celebraron o pasado venres 11 do 11 por sexta vez o DÍA DAS LIBREIRÍAS. Como os lectores que entran nelas, todas son diferentes: hainas grandes e pequeñas, de centros comerciais e de barrio, temáticas, de viaxes, de idiomas, para adultos e para pequeños, de novedades, de deseño, de vello (con ese olor tan peculiar a papel usado e que suxiren historias pasadas, tanto dentro do libro como ao propio libro e aos seus anteriores donos...). Algunhas incluso ofrecen espazos de lecer para ler (curioso que se parezan tanto dúas palabras) ou para un café. Pero todas teñen algo en común: o amor dos seus donos polos libros. 



     Fai uns días tiven a ocasión de visitar Urueña, una pequeña vila medieval amurallada de Valladolid cun Castelo do século XI, onde se celebra este día dun xeito moi especial, xa que cos seus pouco máis de 100 habitantes ten en cambio máis dunha ducia de librerías, sendo así a vila con máis librerías por habitante de España (polo menos!).

  
     Urueña conta ademáis con varios museos e zonas de actividade cultural. É Biblioteca de Castilla e Vila do libro por iniciativa da Diputación provincial, que en 2007 fundou a primeira Vila do Libro de España. En  Urueña, que foi declarada Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975 e pola que é un pracer pasear, vas atopando en cada curro  unha librería tras outra, todas fermosas e diferentes. Unha magnífica maneira de homenaxear a libros, lectores e libreirías...
  
 

       E, por certo, o venres 11 foi "o día das libreirías".... pero igual que cando se celebran outros  "días de... ", lembremos que o resto dos días do ano as libreirías tamén están abertas para entrar e disfrutar e sempre é un pracer unha conversa cun libreiro ou libreira para que nos recomende un bo libro... 

20 mar 2015

AVISO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA. PERFORMANCE POÉTICA

    O  21 de marzo é o Día Mundial da Poesía e seguramente xa vistes o centro envolto nunha performance poética que xurdeu por iniciativa do Equipo de Educación Infantil. Como o resultado foi tan fantástico, e animados pola boa acollida do proxecto, queremos pedirvos a vosa colaboración. Os nenos de infantil levan hoxe a nota que vos poño abaixo na que se explica como podedes participar e os materiais máis axeitados. Os traballos serán expostos polo exterior do centro. A CONVOCATORIA POÉTICA ESTÁ ABERTA A TODOS xa que como dí a pancarta que fixeron os pequenos de 4 anos e que colgaron na entrada do colexio:

  "A POESÍA, COMA O PAN, É DE TODOS!"

   Este poema de Gustavo Adolfo Bécquer en concreto foi escollido despois de que un pequeno de 3 anos  preguntase na clase:  "¿que és poesía?" (...certamente hai cousas que veñen dadas)

UNHA PEQUENA MOSTRA DO QUE XA ESTÁ EXPOSTO...
Grazas pola vosa colaboración!

28 abr 2014

LECTORES AUTÓNOMOS

   Seguimos amueblando as zonas da Biblioteca procurando dotala de mobiliario máis axeitado e ergonómico. Esta vez tocoulle á zona de lectores autónomos que agora conta con mesas novas moito máis amplas e cadeiras de cor verde.           Ainda que poida parecer, non é só cuestión de estética senón de comodidade e amplitude, xa que a superficie de traballo é moito máis grande coas novas mesas.




27 dic 2010

XA VAN ALÁ CASE DOUS ANOS...

           Durante o primeiro trimestre estivemos de mudanza na biblioteca. Trasladamos todos os libros desde o anterior local e  clasificámolos por idades, xéneros e idioma para facilitarlles aos nenos/as o acceso a eles. Adaptamos ás novas necesidades e ao novo espazo  o mobiliario existente e adquirimos algún novo.  Instalamos  varios ordenadores e actualizamos os fondos. Todo este proceso culminou cun ACTO DE INAUGURACIÓN no mes de decembro do curso 2006-2007 ao que asistiron distintas personalidades da Consellería de Educación e do Concello. Sen lugar a dúbidas os grandes protagonistas foron os nenos e nenas do colexio que por grupos foron baixando a coñecer as novas instalacións.




           Durante o curso 2008- 2009 tivo lugar un acto ("A cultura está a cambiar Galicia") promovido pola Consellería de Educación ao que asistiron as entonces Ministra Dona Mercedes Cabrera e Conselleira Dona Laura Sanchez Piñón, o Alcalde do Concello de Ames Don Carlos Fernández e  o Delegado de Governo Manuel Ameijeiras, que foron recibidos pola Directora Dona Rosalía Avilés e polos membros do equipo de Biblioteca.



     A Biblioteca está estructurada en diversos espazos, en consonancia coas diferentes funcións que lle queremos dar: cinco espazos adicados á lectura de lecer (prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos, lectura relaxada e zona de banda deseñada); outra zona adicada a consulta e estudo individual. Contamos tamén cunha zona de prensa e un espazo multimedia.