Mostrando entradas con la etiqueta CONSELLEIRÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONSELLEIRÍA. Mostrar todas las entradas

28 jun 2017

Presentación do libro "Os fíos de infantil" de Ángeles e Isabel Abelleira

    Hoxe, no MUPEGA, presentouse o libro "OS FÍOS DE INFANTIL" de Ángeles e Isabel Abelleira.  Un libro moi interesante tanto para profesionais como para calquer persoa que se queira achegar á educación infantil.

    O ano pasado, o libro, que reflexa o seu traballo nas aulas recollido no blog "INNOVARTE" (un referente na educación infantil galega),  foi recoñecido co prestixioso premio Marta Mata, entregado pola Asociación de Maestros Rosa Sensat de Cataluña por "iniciativas e traxectorias que melloran o labor pedagóxico en España". Despois de ser editado en catalán, agora  a Editorial Galaxia co apoio da Xunta de Galicia, publicou esta obra en galego que foi presentada polo Conselleiro de Educación Román Rodríguez nun acto ao que asistiron familia, compañeiros e amigos de Ángeles e Isabel.
 
Máis información na páxina da Consellería premendo AQUÍ

   Ao acto de presentación do libro, ademáis do Conselleiro, asistiron  o Director Xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez.




27 dic 2010

XA VAN ALÁ CASE DOUS ANOS...

           Durante o primeiro trimestre estivemos de mudanza na biblioteca. Trasladamos todos os libros desde o anterior local e  clasificámolos por idades, xéneros e idioma para facilitarlles aos nenos/as o acceso a eles. Adaptamos ás novas necesidades e ao novo espazo  o mobiliario existente e adquirimos algún novo.  Instalamos  varios ordenadores e actualizamos os fondos. Todo este proceso culminou cun ACTO DE INAUGURACIÓN no mes de decembro do curso 2006-2007 ao que asistiron distintas personalidades da Consellería de Educación e do Concello. Sen lugar a dúbidas os grandes protagonistas foron os nenos e nenas do colexio que por grupos foron baixando a coñecer as novas instalacións.




           Durante o curso 2008- 2009 tivo lugar un acto ("A cultura está a cambiar Galicia") promovido pola Consellería de Educación ao que asistiron as entonces Ministra Dona Mercedes Cabrera e Conselleira Dona Laura Sanchez Piñón, o Alcalde do Concello de Ames Don Carlos Fernández e  o Delegado de Governo Manuel Ameijeiras, que foron recibidos pola Directora Dona Rosalía Avilés e polos membros do equipo de Biblioteca.



     A Biblioteca está estructurada en diversos espazos, en consonancia coas diferentes funcións que lle queremos dar: cinco espazos adicados á lectura de lecer (prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos, lectura relaxada e zona de banda deseñada); outra zona adicada a consulta e estudo individual. Contamos tamén cunha zona de prensa e un espazo multimedia.