"En 4º D continuamos coa nosa liña de fusionar as materias coa plástica coa fin de facer máis amenos os temas e que desenvolvan a súa capacidade artística e creativa. Non podía ser menos co tema da Prehistoria onde tratamos as fontes gráficas como as das Covas de Altamira e as súas pinturas rupestres". Estas eran as verdadeiras Bibliotecas da prehistoria, utilizando a plástica igual que facemos nós como outro xeito de comunicarse e de informar do que tiñan no seu entorno: os animais que vían, os mellores sitios de caza e deixando esa información para as futuras xeracións . "Animais tan imponentes e lexendarios como o mamut ou o bisonte non pasaron desapercibidos por suposto nin a súa maneira de facer arte e ferramentas con poucos recursos. Un tema máis do que quedaron prendados".
Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
Mostrando entradas con la etiqueta antroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta antroido. Mostrar todas las entradas
9 may 2021
1 may 2021
Fusionando a creación de textos coa educación artística en 4ºD
"Continuamos co proxecto Mes do Libro, no que os nenos e nenas de 4º D seguen a demostrar a súa gran inventiva e creatividade con este tipo de actividades nas que fusionan escrita en forma de poesía, narración e historia con educación artística. Nestas narracións explícannos a importancia da lectura e o que lles proporciona e transmite.
Seguimos creando!"
"Ler non entende de tempos, de idades ou pensamentos.
Ler é un paraíso de verbas que melloran o mundo"
8 feb 2021
Guías do Antroido en Galicia
A Xunta de Galicia ven de publicar estas GUÍAS SOBRE O ANTROIDO nas que recollen tódolos personaxes e as larpeiradas das principais festas do noso territorio. Son interesantísimas e moi completas.
"En Galicia hai nove entroidos que teñen recoñecemento de interese turístico:
- Un é Festa de Interés Turístico Internacional: o Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas)
- Outro é Festa de Interés Turístico Nacional: o Entroido de Verín (cos cigarróns).
- Sete delas teñen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico: o Entroido de Cobres (coas damas e os galáns), o Entroido de Laza (cos seus peliqueiros), o Entroido de Viana do Bolo (no que o personaxe central é o boteiro e que comparte protagonismo coa promoción do produto gastronómico da androlla), o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas mázcaras), os Xenerais do Ulla, o Entroido de Maceda (cos felos) e o Entroido de Vilariño de Conso (co boteiro coma personaxe estelar)."
13 feb 2016
Antroido 2016
A semana pasada a Biblioteca prestou o seu escenario para o fotocall de antroido que o Equipo de Extraescolares organizou cos alumnos de primaria. Chaquetas, saias, garabatas, sombreiros, gafas, colares e todo tipo de adobíos encheron a Biblioteca e con eles os rapaces e os profes compuxeron os disfraces ao longo de esta divertida semana. Podedes ver as fotos premendo AQUÍ na web do cole.
Tamén nos blogues do centro se puxeron entradas con fotos e videos para compartir con todos estas xornadas do Antroido que remataron co baile de disfraces.
Nos blogues de infantil, tamén podedes ver como se desenvolveu a semana e a festa do venres.
AQUÍ NUNHA CLASE DE 3 ANOS , NUNHA DE 4 ANOS E NUNHA DE 5 ANOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)