Seguimos amueblando as zonas da Biblioteca procurando dotala de mobiliario máis axeitado e ergonómico. Esta vez tocoulle á zona de lectores autónomos que agora conta con mesas novas moito máis amplas e cadeiras de cor verde. Ainda que poida parecer, non é só cuestión de estética senón de comodidade e amplitude, xa que a superficie de traballo é moito máis grande coas novas mesas. Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
28 abr 2014
LECTORES AUTÓNOMOS
Seguimos amueblando as zonas da Biblioteca procurando dotala de mobiliario máis axeitado e ergonómico. Esta vez tocoulle á zona de lectores autónomos que agora conta con mesas novas moito máis amplas e cadeiras de cor verde. Ainda que poida parecer, non é só cuestión de estética senón de comodidade e amplitude, xa que a superficie de traballo é moito máis grande coas novas mesas. 3 abr 2014
DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
Onte foi o día mundial da concienciación do autismo e quero compartir con todos este video que me enviaron, sobre os TEA: trastornos de espectro autista. Fala do emprego dos pictogramas cos nenos que teñen autismo para facilitarlles a comprensión e conta 10 COUSAS SOBRE O AUTISMO.
Somos iguais e somos diferentes.
Pero todos temos os mesmos dereitos!
24 mar 2014
LEMBRANDO AO HOME QUE XA NON LEMBRABA
Hoxe toda España lembra a un home que fai anos que esqueceu que fora presidente do goberno entre os anos 1976 e 1981. Hai varios libros sobre a súa vida e moitísimas máis páxinas escritas sobre os feitos que protagonizou e a etapa que ADOLFO SUÁREZ representa. Moitos de vós oídes estos días por primeira vez o seu nome, probablemente os vosos pais nin siquiera naceran cando foi presidente...
Desde a Biblioteca propóñovos un exercicio de busca e investigación para achegarvos a coñecer porqué hoxe todo o mundo lle mostra o seu respeto, cariño e admiración. Primeiro preguntádelle aos vosos pais e logo aos avós e avóas, que serán os mellores para darvos información de primeira man. Consultade tamén os periódicos que teñades pola casa.
Fai uns días foi a semana da prensa na escola, facede vos agora de periodistas: lede, investigade, preguntade...
- Saberíades atopar no mapa o pobo de Cebreros onde naceu na provincia de Ávila?
- Seguramente moitos non saben que case foi coruñés... averiguade porqué.
- Preguntade o que significa esa foto no parlamento e de paso para qué sirve o mesmo?
- Que tipo de goberno había antes en España?
- Que pasa cando alguén sufre Alzeimer?. Que significa esquecer o que somos? Coñecedes alguén que padeza esa enfermedade?
- Por que todos falan tan ben dun político en estos momentos? Qué fixo Suarez para merecelo?
- Que significa a palabra "consenso"?. Podemos exercelo na clase?
- Que quería decir coa frase "puedo prometer y prometo"?
- Como se vai chamar desde hoxe o aeroporto de Madrid?
- Serías capaz de escribir unha reseña de prensa sobre Adolfo Suárez, como si foses periodista?
19 mar 2014
CONTOS DE PAIS E NAIS...PARA TÓDOLOS DÍAS
Desde a biblioteca queremos lembrar que o máis importante que nos podemos agasallar en estas ocasións nas que conmemoramos o día do pai, da nai etc.... en realidade ven sendo O TEMPO que nos adicamos. Tempo de calidade, especial... un momento de conto pola noite para os pequenos que se inician no mundo dos libros, unha lectura compartida cos máis maiores, as recomendacións que lles podemos facer dos libros que nos marcaron de pequenos... E tamén ler o que lles gusta a eles...saber o que leen, as lecturas coas que disfrutan... Non penso que esté moi clara a
fronteira entre literatura infantil, xuvenil e demais, penso que o que
temos son bós ou malos libros, libros que nos emocionan e nos fan pensar. Incluso dos malos libros podes sacar algo (
aínda que non os rematemos...).
ASÍ QUE HOXE E TÓDOLOS DÍAS: AGASALLÉMONOS TEMPO E LECTURAS COMPARTIDAS!
Aquí vos poño un tableiro cunha serie de contos escollidos para pais e nais, avós e avóas, nenos e nenas... e decir, para todos. Disfrutade con calqueira deles!
| contos para todos |
23 feb 2014
ENCONTRO CON MARÍA MENÉNDEZ-PONTE
"Na hora de ler os alumnos de 2º de primaria, estivemos lendo Os libros de PUPI da colección O Barco de Vapor de SM. O día 19 de febreiro veunos visitar a autora dos libros, MARÍA MENÉNDEZ-PONTE. Xunto cos nosos compañeiros de 1º de primaria, asistimos a un encontro con ela e contounos como nacera PUPI e outras cousas da súa vida, así como de outros libros que aínda está escribindo".
Os nenos asistiron moi atentos á charla con María, despois tiveron unha rolda de preguntas e finalmente a escritora asinou no libro de visitas da Biblioteca e en todos os libros que trouxeron os alumnos de 2º.
Estos son algúns dos comentarios dos nenos: "gustoume moito porque ao principio fixemos preguntas de onde naceu Pupi, como tiña poderes máxicos na cabeza e foi facendose alta e caeu da planta...", "o mellor de todo foi que nos firmou os libros"... Gracias María!
En esta presentación podedes ver como se desenvolveu a actividade:
| clicar na imaxe |
20 feb 2014
VERSOS DE AMOR NOS LIBROS
"VERSOS DE AMOR NOS LIBROS" foi unha actividade que se realizou cos nenos e nenas de primaria, para darlle un enfoque distinto a semana do 10 o 14 de febreiro, o "día dos namorados". Nós estamos "namorados dos libros"... e fixemos unha escolla de versos de amor, de amizade e compañeirismo de autores tan diversos como: Gloria Sánchez, Rafael Alberti, Machado, Iglesias Alvariño, Antonio Teijeiro, Álvaro Cunqueiro, Juan Ramón Jiménez, David Otero, Santiago Freire e Machado...
A actividade comezou cunha exposición de libros dentro da Biblioteca e extendeuse polos corredores. Diante da Biblio estaban colocados paneis cos versos escollidos e bolsas cheas de copias en A5 cun sobre fotocopiado no reverso. Alí os alumnos podían escoller os que máis lles gustasen para logo agasallar con eles a calquer compañeiro ou compañeira. Podían escoller varios versos: un para o amigo invisible de cada aula e outros para quen eles quixesen da aula que fose.
Tamén, durante ao "hora de ler", fixéronse lecturas dos versos expostos. Logo cubrían os sobres e deixábanos nos buzóns con feitura de corazóns que puxemos polas portas das aulas. Os alumnos pasárono moi ben ao longo da semana e coñeceron outro xeito de escribir. Ao longo da semana houbo en algún momento verdadeiras avalanchas para coller os poemas, sobre todo cos rapaces dos ciclos superiores... O venres baleiraron os buzóns e repartiron as cartas.
En esta presentación podedes ver como se desenvolveu a actividade:
| Agasallando versos de amor, amizade e compañeirismo |
En este video podemos escoitar a varios alumnos do primeiro ciclo na "hora de ler".
![]() |
| lectura dos versos |
15 feb 2014
INFANCIAS ROUBADAS...
Cando estaba
preparando imaxes para traballar a paz cos máis pequenos, escollín o cadro "Nena con Pomba" de Picasso e entón veume á cabeza unha foto que vín na rede, "Outro Neno con un Paxaro nas Máns". Non me importa se ten truco, se o ángulo escollido e este ou aquel, nin quen a fixo nin onde, nin baixo que bandeira ou deus... A imaxe é tremenda... e apartándome un
chisco da dozura da imaxe de Picasso, escollín unhas cuantas máis (non é
preciso buscar moito, hai montóns delas). E sin poñer as máis terribles e
explícitas, que estamos acostumados a ver a diario e que xa parece que nos
resbalan por cotiás, fixen esta montaxe que vos poño abaixo.
Para recordar a esos outros nenos que
pasan fame, sede, que teñen que traballar, que son vitimas das guerras... e as
veces tamén verdugos, que perden as súas familias, sin casas e escolas, explotados sexualmente, desarraigados en campamentos nos que, desprotexidos, volven ser vitimas dos que terían que protexelos...
Son vitimas de guerras de intereses, relixiosas, económicas, territoriais... Guerras que non entenden, pero que pasan a diario, ocupando 5 minutos nos telexornais ou unha escueta reseña nos periódicos...
Cando abrades a presentación, cambiade a perspectiva: poñédelle os ollos dos nenos que temos a carón. Poñede os vosos propios ollos. Porqué eles sí... e nós non?
| O neno do paxaro... e a nena da pomba de Picasso |
Según a Declaración de Xinebra: "A Humanidade debe darlle aos nenos o mellor de si mesma"
Os dereitos dos nenos:
12 feb 2014
PALABRAS DE AMOR E AMIZADE NOS LIBROS
Na Biblioteca temos unha selección de libros que tratan da amizade e do amor. Neste taboleiro de pinterest que seguiremos ampliando, podedes seguir algúns dos que atopamos, tanto para os máis pequenos coma para os de primaria. Todos eles son fermosos e poéticos libros, con diversos enfoques sobre o amor e fermosas ilustracións que vos engancharan ata o final.
Tamén, estos días, o alumnado de primaria está a traballar con textos, poemas e citas sobre o amor. Cando rematen xa vos contaremos como lles foi.
| PALABRAS DE AMOR E AMIZADE NOS LIBROS |
29 ene 2014
ESTREAMOS MOBILIARIO!
Fai uns días estreamos novo mobiliario no recanto de primeiros lectores. Mesas amplias de cor claro que fan a zona máis luminosa e cadeiras máis grandes, cómodas e ergonómicas. Escollimos estas de cor vermella xa que son máis axeitadas para este recanto .
Ler cómodos e nun recanto acolledor, agradable e luminoso tamén é un xeito de fomentar a lectura... Pouco a pouco iremos acondicionando máis zonas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

+-+copia.jpg)


