Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
29 sept 2019
26 sept 2019
Presentación do libro "Ben va al cole"
Dru Parbel, escritora de poesía, novela e conto, e nai de Arón, un alumno de 6ºC de infantil do noso colexio, vai presentar este sábado 28 de setembro ás 12 h na Biblioteca municipal de Bertamiráns o seu último libro "Ben va al cole". Conta coas ilustracións de Makoke Torralba Mallo.
O conto trata de mostarlles aos máis pequenos o xeito de recoñecer e actuar fronte ao acoso escolar. O máis básico para que saiban reaccionar ante o "bulling", que por desgraza se dá desde
preescolar.
21 sept 2019
Nova Biblioteca

Foi un pouco duro para o Equipo desmontar e recoller todo o que alí fomos poñendo durante tantos anos ata conseguir unha Biblioteca da que estábamos orgullosos. Aínda que o corazón da Biblioteca segue sendo o mesmo, fisicamente non foi posible trasladar todo porque non colle na nova ubicación así que, en canto a fondos e usos, temos que adaptarnos ao que hai...
Contaremos de novo co alumnado colaborador dos cursos altos. E seguiremos propoñendo actividades e fomentando o gusto pola lectura!. Unha Biblioteca escolar non só é un espazo físico, son os libros e os seus lectores!.
"Siempre imaginé que el paraíso sería una especie de biblioteca." (Jorge Luis Borges, escritor )
26 jun 2019
Traslado provisional da Biblioteca
Esta semana comezamos a mudanza-traslado dunha parte dos fondos da Biblioteca Agustín Fernández Paz do Ceip A Maía a outras ubicacións no Centro. Imos ceder o espazo de alimentar a mente para alimentar o corpo. É un TRASLADO PROVISIONAL mentras se levan a cabo as obras do novo comedor e durante un tempo estaremos un chisco apretados pero intentando seguir funcionando coma sempre...
E cando rematen as obras VOLVEREMOS!
E cando rematen as obras VOLVEREMOS!
Guia de lectura de verán
Guía de lecturas para o verán recomendadas para todalas idades elaborada polos Equipos das Bibliotecas Escolares do concello de Ames.
premer na imaxe para abrir a guía |
14 jun 2019
Terceira achega de BiblioContorna: Boletín das Bibliotecas Escolares de Ames
Facémolo porque sabemos que son fonte de sabedoría e de alegría. E facémolo en común porque non estamos solos.
(Premer na imaxe da portada e despois abrídea en fullscren ou pantaia completa para facilitar a súa lectura)
![]() |
PREMER NA IMAXE PARA ABRIR O BOLETÍN |
20 may 2019
Unha homenaxe en pedra a Antonio Fraguas: Día das Letras Galegas
O
alumnado do Ceip A Maía participou xunto cos outros colexios do Concello
de Ames nesta actividade proposta polos Equipos de Normalización
Lingüística: unha homenaxe en pedra a Antonio Fraguas no Día das Letras Galegas. Escribimos anacos da súa obra en laxas que serán colocadas nos parques de Bertamiráns para lectura e disfrute de toda a veciñanza e dos que nos visiten!
Premer na imaxe para ver as laxas |
18 may 2019
ANTONIO FRAGUAS: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na páxina deste blog para este día, temos recollidos moitos recursos e información para achegarnos á figura, personalidade e traballos de Don Antonio Fraguas, premendo AQUÍ.
![]() |
MUSEO DO POBO GALEGO DO QUE FOI O PRIMEIRO DIRECTOR |
8 may 2019
Lemos e coñecemos aos compositores/as!
Desde a materia de Educación
Musical e en coordinación co Equipo da Biblioteca e cos titores/as de 6º nivel,
organizamos unha charla da nosa compañeira, a compositora SOFÍA ORIANA INFANTE na biblioteca do colexio co tema “Os
compositores e as compositoras”. Para iso fixemos unha exposición dos fondos
que contamos no colexio con libros, biografías, contos musicais, CD´s e DVD´s
sobre este tema.
Esta exposición ten como obxectivo animar aos nenos e nenas a que lean e leven en
préstamo estes materiais, que sen dúbida, os nosos alumnos/as non deben deixar
de coñecer para aprender a apreciar a boa música, como moi ben lles explicou a
compositora na charla, e ter cultura musical.
Nesta ligazón coa web do colexio tedes a
información sobre a charla: “Unha compositora no colexio”.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)