29 ene 2014

ESTREAMOS MOBILIARIO!


    Fai uns días estreamos novo mobiliario no recanto de primeiros lectores. Mesas amplias de cor claro que fan a zona máis luminosa e cadeiras máis grandes, cómodas e ergonómicas. Escollimos estas de cor vermella xa que son máis  axeitadas para este recanto .
   Ler cómodos e nun recanto acolledor, agradable e luminoso tamén é un xeito de fomentar a lectura... Pouco a pouco iremos acondicionando máis zonas.






26 ene 2014

12 ene 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

    Este ano o Día das Letras Galegas está adicado o tradutor e poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, nado o 19 de febreiro de 1914 en Os Vilares-Guitiriz. É o autor do poemario "NIMBOS", a única obra que quixo publicar e que contén o seu poema máis coñecido: "PENÉLOPE". Ten varias obras inéditas e unha enorme labor coma tradutor.
   




    Con esta presentación elaborada desde a Biblioteca escolar queremos achegarnos á súa vida e obra, marcada pola natureza e o entorno das terras chairegas onde naceu hai xa 100 anos.




clicar para ver


   Tamén vos poño aquí unha banda deseñada moi interesante que está na páxina monográfica elaborada pola Xunta para conmemorar a Díaz Castro.
   Ademáis da influencia sobre outros escritores, tamén se levaron a cabo outras manifestacións artísticas sobre a obra de Díaz Castro, como esta versión musicada por MINI E MERO do seu poema PENÉLOPE onde X.M. Díaz Castro reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida pero sin perder a esperanza . (a canción comeza no minuto 1:30)

 
Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

 e a tea dos teus soños non se move.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Aran os bois e chove.



Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol coma unha uva.

Pro ti envólveste en sabas de mil anos,

e en sonos volves a escoitar a chuva.



Traguerán os camiños algún día

 a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.





Desorballando os prados como sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

-------------------------------------------------------------------------------------
  Para saber máis sobre a vida e obra do poeta , aquí tedes tamén o enlace co monográfico da Xunta:
 
clicar para ver

27 dic 2013

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL


  
guia Nadal 2013
Desde o Equipo da Biblioteca elaboramos esta guía de lecturas de Nadal en formato tríptico  que os nenos xa levaron a casa antes das vacacións. En ela facemos unha serie de recomendacións lectoras que nos pareceron interesantes para os máis pequenos e tamén para os rapaces maiores e os adultos. Son recomendacións para mentes curiosas, para disfrutar en familia, para mergullarse nos relato, para disfrutar coas ilustracións e para recitar e cantar.
      Si sempre é unha boa ocasión para mercar un libro, agora no Nadal lembrade que un libro sempre é un bo agasallo, que fala tanto do que o recibe coma do que o regala... (ademáis non precisa pilas nin cargarse, agás que sexa dixital...) . Esperamos que disfrutedes con eles!
clicar para ver a guía de Nadal
  E, por suposto, se queredes ver outras guías, este é o enlace  co PLAMBE no que están todas as guías elaboradas polos equipos das Bibliotecas escolares : CLICAR AQUÍ

7 dic 2013

NELSON MANDELA

     
NELSON MANDELA
Unha pequena homenaxe a NELSON MANDELA:  un gran home, un gran lider e loitador incansable polos Dereitos Humanos que despois de permanecer na cadea durante 27 anos foi quen de perdoar e de unir a un pobo devastado polo apartheid, ata conseguir unha democracia multirracial en Sudáfrica baixo o lema "un pobo, unha nación". No ano 1993 consigueu o Premio Nobel da Paz e foi presidente do seu país loitando sempre pola reconciliación nacional.

    
   



  Desde a Biblioteca queremos lembrar algunhas das súas frases máis coñecidas, como esta: 


“A EDUCACIÓN  E A ARMA MÁIS PODEROSA QUE PODES ESCOLLER PARA CAMBIAR  O  MUNDO” 


CLICA AQUÍ

5 nov 2013

EXPOSAMAÍN NA MAÍA 2013

   
      Debido a gran participación por parte de todos (pais, nais, alumnos e profes) hoxe teño que poñer aquí  unha nova mostra, moito máis completa, da EXPOSICIÓN DO SAMAÍN. Tedes dúas novas presentacións que incluen as novedades que siguen a chegar das casas e tamén as que se van facendo nas clases sobre o CASTAÑON do Magosto. De estas actividades, suxeridas polo equipo de Dinamización Extraescolar, aínda engadiremos máis fotos nos próximos días... (na entrada anterior tedes máis fotos para buscar o voso traballo)
    

 Gracias a todos pola colaboración: participando gañamos todos!  

(clica nos títulos para velos desde o principio)

 


3 nov 2013

EXPOSICIÓN DO SAMAÍN

     
        Neste curso fíxose unha exposición de cabazas   do Samaín, monecos de millo, xoiería  de castañas e todo o que dira de sí a imaxinación e os materiais da tempada. A proposta parteu do equipo de dinamización de extraescolares.
     
     Por unha banda, nas clases elaboráronse máscaras con froitos e follas de cara ao magosto e, por outra banda, tamén se lles pediu aos pais e nais que colaborasen cos seus fillos no concurso e, coma cada ano, o resultado é impresionante.
        Nas entradas dos edificios de infantil e primaria están os resultados do esforzo realizado desde as clases e desde as familias e nestas presentacións veredes unha mostra dos traballos. 
    Vendo as dúas exposicións non temos máis que repetir as gracias pola  colaboración,  alta participación, imaxinación e orixinalidade!


   Nesta presentación están incluidos os traballos de aula referentes a productos de outono e ao Magosto  e tamén os traballos feitos nas casa coa colaboración familiar.


MIGUELANXO PRADO PREMIO NACIONAL DE COMIC 2013



     Miguelanxo Prado  (máis) , nado na Coruña en 1958, é o novo Premio Nacional do Comic de 2013 concedido polo Ministerio de Cultura pola súa obra "ARDALÉN". 
   Se queredes saber máis de Miguelanxo Prado clicade aquí (saber máis) para entrar na súa páxina onde teredes acceso a obra deste artista polifacético e internacional: banda deseñada (Os compañeiros da orde da pedra, A mansión dos Pampín...), pintura, animación (De profundis, Men in Black...), Xabarín  etc... 
    
     Según el mesmo dí  "Sabela, a protagonista de Ardalén,  coñece a  Fidel, un ancián que ven sendo o único contacto co seu avó desaparecido. Pero a cabeza de Fidel é un caixón desordenado e así, pouco a pouco, vanse tecendo a escasa memoria herdada de Sabela coa memoria desordenada de Fidel e coas memorias parciais dos veciños da aldea onde vive o vello.  Nesas memorias ademáis de datos, hai gardados sentimentos:  de amor, de compañeirismo e amizade, de odios e de rancores. Recordar non é inocuo pero quen non recorda non vive".  "Ardalén" é unha historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode soar filosófico pero, ao final, trátase dun grupo de seres humanos que se axudan e se mancan uns aos outros, algúns chegan a quererse e todos se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio" (Miguelanxo Prado)

Aquí tedes a portada de Ardalén (editado por Norma) e un par das fermosas ilustracións que contén:
 


1 nov 2013

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES NA MAÍA

  
    A semana pasada celebramos nos colexios o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. 
Foi o 24 de outubro. Desde a Biblioteca propuxémoslles aos tutores que os nenos realizaran  un traballo nas clases:  escoller e dibuxar os seus personaxes favoritos. Logo recolléronse todos os dibuxos  e colgáronse en murais polos corredores da Biblioteca. Aínda nos faltan algúns por poñer!

      Foi "unha viaxe ao interior dos libros a través dos seus personaxes" e aquí están algúns dos traballos dos alumnos e alumnas. Esta vez  foron eles os ilustradores dos seus libros favoritos...