Agora sí, definitivamente alá vai o noso Bibliopatio. Por si non vos achegastedes polo centro esta temporada, aquí vos poño unha secuencia das obras para o novo comedor que sepultaron o noso emblemático grafiti. Incluso gardamos un par de anacos de recordo!. Esperamos que rematen pronto, para poder así recuperar a nosa Biblioteca que é onde actualmente se está dando o servizo de comedor....
Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
31 ene 2020
11 ene 2020
Sesión de contacontos con Dru Parbel
Antes das vacacións de Nadal os pequenos de Infantil recibiron a visita da escritora DRU PARBEL que fixo unha sesión de contacontos do seu libro "BEN VA AL COLE" recentemente
publicado e que foi presentado en setembro pasado na Biblioteca Municipal de Bertamiráns.
Agradecémoslle á autora a visita e que lles facilitase aos
pequenos a comprensión da historia do primeiro día de Ben na escola.
O libro conta coas ilustracións de Makoke Torralba Mallo e trata de mostarlles aos máis pequenos o xeito de recoñecer e actuar fronte ao acoso escolar. O máis básico para que saiban reaccionar ante o "bulling", que por desgraza se dá desde
preescolar.
A sesión tivo lugar
na sala de psicomotricidade do edificio de Infantil.
22 dic 2019
23 nov 2019
A lectura de imaxes: Bicentenario do Museo do Prado
Hoxe imos compartir con vos outro xeito de lectura: a lectura de imaxes. A pintura, desde que o ser humano existe, ten intención comunicativa, desde a arte rupestre das covas ata as imaxes en movemento do cine... Os cadros eran un xeito de informar, disfrutar, comunicar e educar a un pobo que na súa maioría non sabía ler.
Fai 200 anos o 19 de novembro de 1819 o Museo Nacional do Prado, abriu ao público con 311 pinturas da
Colección Real, todas de autores españois, colgadas nos seus muros. Estas eran obras realizadas en principio para que as disfrutasen en privado só os reis e nobles da corte e que así coa creación deste Museo se compartiron co pobo.
Este é un video producido por El País Semanal no que para conmemorar o Bicentenario do Museo do Prado, Rino Stefano
Tagliafierro e os seus colaboradores realizaron un relato animando unha trintena de cadros da
pinacoteca. Fixádevos nos pequenos detalles que dan vida ás obras...
11 nov 2019
Amadriñamentoslectores na hora de ler
Aquí están cos nenos de 3, 4 e 5 anos, que participaron encantados durante a hora de ler.
AMADRIÑANDO AOS DE 3 ANOS
AMADRIÑANDO AOS DE 4 ANOS
AMADRIÑANDO AOS DE 5 ANOS
3 nov 2019
Lecturas de medo polo Samaín
O Equipo de Dinamización da Biblioteca participou na exposición do Samaín con esta escolla de libros de medo que temos no fondo.
E vós, tédeslle medo aos libros?
Presentación aos nenos de primeiro
Unha das actividades previstas cada ano polo Equipo é a presentación da Biblioteca para os novos usuarios de primeiro. Nesta ocasión fixémola coincidir máis cerca do día das Bibliotecas Escolares.
Leodoro, a nosa mascota, encargouse da visita aos nenos de primeiro para convidalos e explicarlles as normas de uso, que este curso cambian un pouco por culpa da mudanza.
26 oct 2019
Biblioteca da casa: 24 de outubro
Estas son as fotos cos libros favoritos da casa que os alumnos de infantil e primaria escolleron para participar nesta actividade proposta polo Equipo de Dinamización. Sacáronse na Biblioteca, nas aulas, no recanto externo do 2º andar...
Moitas grazas a todos: aos alumnos e familias por escoller e traer os libros, aos profesores que sacaron as fotos así como aos que as editaron e imprimiron e aos que montaron a exposición nas entradas dos dous edificios.
| fotos dos libros favoritos dos alumnos de infantil |
| fotos dos libros favoritos dos alumnos de primaria |
25 oct 2019
BIBLIOTECA DA CASA
Con motivo do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, que se celebrou onte 24 de outubro, o Equipo da nosa propuxémoslle a todo o colexio unha actividade "ao revés":
mostrar os nosos libros favoritos... pero os que temos na casa. Co tema BIBLIOTECA DA CASA ao longo destes días trouxeron os libros e sacáronse fotos con eles en distintos recantos do colexio. Despois montouse a exposición nas entradas tanto no edificio de infantil como en primaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























