24 oct 2021

24 de outubro: Día das Bibliotecas

 "Dende 1997 o 24 de outubro celébrase o  Día das Bibliotecas, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando o Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas a través da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura. A edición deste ano faise  baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”  Para mais información preme AQUÍ +  
O lema das bibliotecas escolares de Galicia é "a Biblioteca escolar ten a palabra" , e quere poñer o foco na palabra e na oralidade.

 Desde o Equipo  de Dinamización da Biblioteca este ano propuxémoslle aos titores a realización duns marcapáxinas que reflectixen o placer de ler, de aprender, e a aventura de descubrir outros mundos a través das palabras dos libros...

E este foi o resultado:

Os marcapáxinas de infantil


Os marcapáxinas de primaria





BIBLIOTECA: VOLTAMOS!!!

 Aquí estamos outra vez!

con novos membros no Equipo, máis ánimos...

...e a punto de recuperar o espazo físico da nosa Biblioteca, que leva case 2 anos desmontada para dar servicio ao comedor. 

Tiñamos aínda nos ollos esta imaxe do Bibliopatio derrubado

... pero agora xa temos o primeiro moble colocado!

pero coa axuda de Leodoro e todos os seus colaboradores

 
esperamos estar de novo operativos na nosa Biblioteca 
e abrir as súas portas a toda a comunidade educativa!!!

26 may 2021

Xela e as Letras Galegas

   Os alumnos e alumnas de infantil e primaria fixeron un achegamento á vida e obra da poeta, profesora, tradutora e editora  XELA ARIAS, nacida en Sarria, Lugo, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. 

 Os nenos de infantil, primeiro e segundo traballaron co poema* que Xela lle adicou ao seu fillo Dario na obra "Darío a diario" e debuxaron o retrato deles con súas nais.


"...tódolos nenos son tu e ningún coma ti...

tódalas nais son eu e todas coma mín saben que és único" 

21 may 2021

"Sucedeu no camiño primitivo" de Xosé A. Perozo (alumnos de 5º e 6º)

 O alumnado de 5º e 6º  fixo unha lectura do libro "Sucedeu no camiño primitivo" de Xosé A. Perozo, no que a partir dun suposto achádego na Catedral de Oviedo se van comparando a época medieval e a actualidade. O texto recolle a viaxe fundacional das peregrinacións a Compostela desde Oviedo, realizada no século IX polo rei Afonso II o Casto. A obra segue a unha parella de investigadores, que deciden repetir a andaina e comparar o pasado medieval coa realidade presente.

 Os alumnos e alumnas investigaron sobre este antigo itinerario a Santiago de Compostela e encheron de murais co resultado do seu traballo os corredores do segundo andar do colexio.




17 may 2021

Xela Arias: "A palabra esgazada"

 A Real Academia Galega acaba de presentar unha serie  documental arredor de  Xela Arias a quen se lle adica este ano o Día das Letras galegas.  "Xela Arias, a palabra esgazada", é unha achega en 6 capítulos á vida e á obra da autora á que lle rende homenaxe o  17 de maio guiada polas propias palabras da homenaxeada. O capítulo 1, centrado nos primeiros anos de vida da escritora, editora, tradutora e docente, os transcorridos entre a Sarria natal, a cidade de Lugo e o Vigo que a acolleu a partir dos 7 anos, pode verse xa na páxina web da RAG,  e que vos poño aquí.



10 may 2021

4ºD fala dos seus libros favoritos e da importancia de ler

 Con motivo do Día do libro o alumnado de 4º D animouse a facer estos videos falando dos seus libros favoritos e da importancia de ler.

      
 
       
 
              
 
     
 
      
 
  
 
   
 

 

4ºD e o Día da Terra

 Despois de buscar información nos libros e noutros medios o alumnado de 4ºD animouse a facer estos videos nos que falan do Día da Terra

      
 
     
 
   
 
      
 
    
   

     
 


 

 

9 may 2021

Videoconferencia de 4º de primaria con Érika Esmorís, premio Merlín de Literatura Infantil

 O alumnado de 4º mantivo unha videoconferencia coa escritora Érika Esmorís, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2015 coa novela Nena e o mar (Xerais, 2015).  E tamén gañou o XI Premio de Literatura Infantil da cidade de Málaga coa obra “Patio de luces”.

 Este evento tivo lugar o día 4 de maio ás 10:30 participando as 4 aulas de 4º nivel. Foi unha experiencia especial xa que Érika estaba dende a súa casa falando e interactuando cos alumnos nas aulas.

"Érica Esmorís (A Coruña, 1977). Naceu unha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, dende o principio, os seus compañeiros de viaxe. Amante dos animais, estudou veterinaria e, aínda que exerceu uns anos, deseguida cambiou o bisturí polo teclado do ordenador. Traballou nalgunhas das máis importantes produtoras audiovisuais de Galicia, tanto no departamento de desenvolvemento e guión como no de dirección. Como narradora publicou as novelas infantís O poder de Amabel (2012), traducida ao castelán, catalán e éuscaro; e Ulises e as cronoamigas (2015). Gañou o Premio Merlín de literatura infantil 2015 coa novela Nena e o mar (Xerais, 2015)."

 *Premer no enlace para ver máis de Érika Esmorís e a súa obra (http://ericaesmoris.com/)

 

 

As pinturas rupestres: as "Bibliotecas da Prehistoria"

"En 4º D continuamos coa nosa liña de fusionar as materias coa plástica coa fin de facer máis amenos os temas e que desenvolvan a súa capacidade artística e creativa. Non podía ser menos co  tema da Prehistoria onde tratamos as fontes gráficas como as das Covas de Altamira e as súas pinturas rupestres". Estas eran as verdadeiras Bibliotecas da prehistoria, utilizando a plástica igual que facemos nós como outro xeito de comunicarse e de informar do que tiñan no seu entorno: os animais que vían, os mellores sitios de caza e deixando esa información para as futuras xeracións . "Animais tan imponentes e lexendarios como o mamut ou o bisonte non pasaron desapercibidos por suposto nin a súa maneira de facer arte e ferramentas con poucos recursos. Un tema máis do que quedaron prendados".