24 feb 2022

Exposición fondos no Día de Rosalía

 O Equipo da Biblioteca preparou para o Día de Rosalía de Castro unha exposición na que se mostraron os libros da autora que temos no Centro.

(Tamén se fixeron por parte dos alumnos e titores diversas actividades que se irán mostrando en breve.)


12 feb 2022

Aumentando os fondos!

 Seguimos ampliando os fondos da Biblioteca. Esta tempada os do Equipo engadimos, na sección de primeiros lectores, estes libros para os máis pequenos de Infantil :

 e estes outros para os máis maiores:

 

Esperamos que vos gusten!!!

6 feb 2022

O Carballo de Conxo e a obra de Rosalía de Castro

 Seguramente xa sabedes que "O Carballo de Conxo" do veciño concello de Santiago é a árbore seleccionada por España por votación popular  para presentarse candidata a ÁRBORE EUROPEA DO ANO. Ten máis de 250 anos, uns 30 metros de altura e case 4 de perímetro. 

 Desexamos que, cos nosos votos, o carballo de Conxo sexa elexido como Árbore Europea do Ano, 🌳

 

😕 Podedes preguntarvos cal é a relación desta árbore coa literatura...   

 Pois imos facer un chisco de Historia: o carballo de Conxo é un dos poucos que quedan desa idade e envergadura no entorno de Santiago xa que quedou protexido durante anos nos xardíns privados do antigo Manicomio. A maioría dos outros desapareceron queimados ou talados para empregar nas numerosas curtidurías que nos séculos XVIII e XIX rodeaban a capital e que os empregaban polo tanino para conservar as peles de animais.

👉E aquí ven a relación: ademáis dos anos e o tamaño, outro dos valores engadidos deste carballo é o cultural. No século XIX celebrouse a carón del o histórico Banquete Democrático de Conxo "organizado por estudiantes universitarios (entre eles o poeta romántico Aurelio Aguirre)  onde os xoves estudantes quixeron servila mesa a artesáns e obreiros, como símbolo revolucionario de igualdade, liberdade e fraternidade, os valores democráticos recibidos da Revolución Francesa". Ante eles e cerca do carballo  fixo o poeta o seu famoso Brindis (nas imaxes)


O monte de Conxo tamén inspirou a Rosalía de Castro, quen criticou a tala destas árbores no poema titulado “Los robles”, do seu libro "En las orillas del Sar" (1884). Os seus textos en defensa da naturaleza son hoxe en día unhas das primeiras proclamas ecoloxistas e de loita polas árbores e o medio natural levadas a cabo en España. 👏👏👏

 Así que xa sabedes: LEDE E VOTADE!👍👍👍
 

 (European Tree of the Year)Bosques Sin Fronteiras, convoca o Premio Árbol Nacional e Europeo do Año, dirixidos a significar e valorar árbores que por diversas características son merecedores dun recoñecemento e respeto social. Busca a elección daqueles exemplares cos que as persoas establecen especiais relacións afectivas e que son "Testigos da historia, do clima e do respeto dos pobos"

Cambio de data do Día de Rosalía de Castro

As últimas investigacións fan que o Día de Rosalía de Castro pase a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data do seu nacemento según a investigadora Sagrario Abelleira, quen documenta datos ata o de agora descoñecidos sobre Rosalía e Murguía nunha publicación que conta co apoio do Goberno galego. VER MÁIS +

O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego e, por primeira vez, o curso escolar 2021/2022 inclúe a celebración desta efeméride na súa programación. Unha data que ata o de agora, e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, se celebraba o 24 de febreiro, día en que recibiu o bautismo.

14 nov 2021

Premio Astrid LindGren memorial Award 2022

 "A Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, impulsada pola Xunta, está nomeada ao premio internacional Astrid LindGren memorial Award 2022, un dos recoñecementos máis valorados no mundo do libro infantil e xuvenil. O gañador do galardón, outorgado polo Goberno sueco, coñecerase en maio de 2022 no marco da Feira do Libro Infantil en Bolonia.

A candidatura galega atópase entre os 282 proxectos de 71 países que tamén optan a este galardón, e é o único proxecto institucional nomeado en representación de España.

O resto dos candidatos españois son autores a título individual como é o caso da tamén galega escritora, contacontos e actriz Paula Carballeira, as ilustradoras Jacqueline Molnár e Elena Odriozola e o autor Jordi Sierra i Fabra". LER MÁIS AQUÍ +

E para entrar na páxina da asociación (está en sueco e inglés) premede na imaxe de abaixo:


 

9 nov 2021

O blog das aulas de 4 anos

 

   Damos a benvida a un novo blog no cole!. Os profes de 5º de infantil irán compartindo con todos as actividades, experiencias e proxectos que están a facer os alumnos de 4 anos. Esperamos que vos gusten!. 

    Premede na imaxe para acceder ou tamén na pestana lateral.