26 feb 2020

Día de Rosalía

   

Algunhas das actividades para o día de Rosalía organizadas no centro. Unhas polo equipo da Biblioteca e outras tamén en colaboración co equipo de Normalización: exposición das súas obras, busca de información sobre a escritora a partir dun panel de preguntas, busca e selección de poemas para poñer nas "fiestras", retratos de Rosalía con distintas técnicas... 


Texto da canción : adios ríos , adios fontes 
Voz e música : Amancio Prada

 (Nas seguintes entradas continuaremos mostrándovos máis traballos sobre Rosalía. De momento podedes ver o que fixeron algúns dos pequenos de Infantil nos blogs de 4 anos e de 5 anos )


31 ene 2020

Ludoteca

   Estos días comezamos a ofertar a zona da LUDOTECA no piso de arriba, con espazos cómodos , alfombras e mesas onde poden xogar respetando os horarios establecidos para cada clase ao longo da semana.

 
 

Por zonas: mobiliario e algúns dos xogos:

 
 

Obras e Bibliopatio!

 Agora sí, definitivamente alá vai o noso Bibliopatio. Por si non vos achegastedes polo centro esta temporada, aquí vos poño unha secuencia das obras para o novo comedor que sepultaron o noso emblemático grafiti. Incluso gardamos un par de anacos de recordo!. Esperamos que rematen pronto, para poder así recuperar a nosa Biblioteca que é onde actualmente se está dando o servizo de comedor....

 



11 ene 2020

Sesión de contacontos con Dru Parbel

   Antes das vacacións de Nadal os pequenos de Infantil recibiron a visita  da escritora DRU PARBEL  que fixo unha sesión de contacontos do seu libro "BEN VA AL COLE" recentemente publicado e que foi presentado en setembro pasado na Biblioteca Municipal de Bertamiráns.
  Agradecémoslle á autora a visita e que lles facilitase aos pequenos   a comprensión da historia do primeiro día de Ben na escola.


O libro conta coas ilustracións de Makoke Torralba Mallo e trata de mostarlles aos máis pequenos o xeito de recoñecer e actuar fronte ao acoso escolar. O máis básico para que saiban reaccionar  ante o "bulling", que por desgraza se dá desde preescolar.
 
A sesión tivo lugar na sala de psicomotricidade do edificio de Infantil.

22 dic 2019

Guía de lecturas de Nadal

https://issuu.com/biblioamaia/docs/guia_nadal_2019


     Guía de lecturas de Nadal recomendadas polos equipos da Rede de Bibliotecas Escolares dos centros públicos do Concello de Ames para os alumnos de Infantil, primaria, ESO e Bacharelato.

23 nov 2019

A lectura de imaxes: Bicentenario do Museo do Prado

 
 Hoxe imos compartir con vos outro xeito de lectura: a lectura de imaxes. A pintura, desde que o ser humano existe, ten intención comunicativa, desde a arte rupestre das covas ata as imaxes en movemento do cine...  Os cadros eran un xeito de informar, disfrutar, comunicar e educar a un pobo que na súa maioría non sabía ler.

 Fai 200 anos o 19 de novembro de 1819  o Museo Nacional do Prado, abriu ao público  con 311 pinturas da Colección Real, todas de autores españois, colgadas nos seus muros. Estas eran obras realizadas en principio para que as disfrutasen en privado só os reis e nobles da corte e que así coa creación deste  Museo se compartiron co pobo.

 Este é un video  producido por El País Semanal no que para conmemorar o Bicentenario do Museo do Prado, Rino Stefano Tagliafierro e os seus colaboradores realizaron un relato animando unha trintena de cadros da pinacoteca. Fixádevos nos pequenos detalles que dan vida ás obras...


11 nov 2019

Amadriñamentoslectores na hora de ler

   Nunha actividade proposta polo Equipo de Dinamización, que está relacionada co voluntariado e os colaboradores da Biblioteca, os alumnos de 6º de primaria fixeron os amadriñamentos lectores cos pequenos de infantil

  Aquí están cos nenos de 3, 4 e 5 anos, que participaron encantados durante a hora de ler.

AMADRIÑANDO AOS DE 3 ANOS


 AMADRIÑANDO AOS DE 4  ANOS

 
AMADRIÑANDO AOS DE 5 ANOS

 

3 nov 2019

Lecturas de medo polo Samaín

  O Equipo de Dinamización da Biblioteca participou na exposición do Samaín con esta escolla de libros de medo que temos no fondo.



E vós, tédeslle medo aos libros?  




 

Presentación aos nenos de primeiro

  Unha das actividades previstas cada ano polo Equipo é a presentación da Biblioteca para os novos usuarios de primeiro. Nesta ocasión  fixémola coincidir máis cerca do día das Bibliotecas Escolares.

Leodoro, a nosa mascota, encargouse da visita aos nenos de primeiro para convidalos e explicarlles as normas de uso, que este curso cambian un pouco por culpa da mudanza.